Curso 15 - 16

24 DE FEBREIRO, DATA DE NACEMENTO DE ROSALÍA

         
  HOMENAXEAMOS A ROSALÍA DE CASTRO  
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O 24 de febreiro naceu a escritora Rosalía de Castro, data na que recibe unha especial conmemoración no noso centro.

Poemas, debuxos e dedicatorias destacan entre as actividades realizadas este ano. 

Máis información premendo na imaxe

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  
   

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2016

         
  OUTRO ANO MÁIS CELEBRAMOS O .... ENTROIDO  
 

  Comezamos a semana do entroido cos mandados, o venres tivemos a festa do entroido con desfile, degustación de produtos típicos e baile do entroido. Pasámolo moi ben.

 

Rematamos á volta de vacacións coa queima do entroido.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Toda a información e imaxes premendo nas fotografías. 

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  
   

RADIO FILISPIM VAI ... AO ISAAC PERAL

         
  FILISPIM VAI... AO ISAAC PERAL  
 

Chegou o día e Radio Filispim veu ao noso centro.

Foi o venres 29 de xaneiro ás 18:00h e durante dúas horas estivo gravando o programa para acercar a realidade do noso centro a todo o noso entorno.

Escoitade o programa

 
   

"RADIO FILISPIM" VEN AO ISAAC PERAL

         
  "RADIO FILISPIM" VEN AO ISAAC PERAL  
 

O venres día 29 de xaneiro a Radio Filispim virá ao noso centro ás 18:00 h.

Formará parte do seu programa "Filispim vai..." no que levan as equipas técnicas e humanas da radio aos centros de interese da nosa bisbarra. Pois ben, agora veñen ao noso centro para coñecer o que acontece nel.

Se queredes escoitar a gravación do

PROGRAMA EN DIRECTO.... 

Realizarase na sala de usos múltiples do noso centro o

venres de 18:00 a 20:00 h. 

Poderedes disfrutar de entrevistas, música...

ESPERÁMOSVOS!!!!

Pero non vos preocupedes, se non podedes vir poderedes escoitar

O PROGRAMA EN DIFERIDO

o sábado entre as 19:00 e 21:00 horas,

en

Radio Filispim, 93.9 FM.  

   
   

GAÑADORES DO IV CONCURSO DO APALPADOR

         
  GAÑADORES DO IV CONCURSO "Coñecendo ao Apalpador"  
 

O noso alumnado participou no IV concurso "Coñecendo ao Apalpador" organizado pola Fundación Artabria. Premendo na imaxe accédese aos gañadores do noso centro

 
   

CELEBRACIÓN DE NADAL 2015

         
  CELEBRAMOS O NADAL NO ISAAC PERAL  
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 Xa celebramos o Nadal no noso cole: felicitación de Nadal, recomendacións de lecturas de nadal. visita do Apalpador, visita dos Reis Magos.... todo isto podedes atopalo premendo na imaxe


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   
   

O APALPADOR CHEGA AO ISAAC PERAL

         
  O APALPADOR CHEGOU AO NOSO CENTRO  
 

 O martes día 15 de decembro chegou o Apalpador ao noso centro.

Máis información, imaxes e vídeo da visita premendo na imaxe 

   
   

COIDAMOS O ENTORNO

         
  DENDE MOI PEQUENOS... COIDAMOS O NOSO ENTORNO!  
 

  Xa dende moi pequenos ensinamos ao noso alumnado o coidado do noso entorno.

Máis información  premendo na imaxe 

   
   

CUANDO SAÍMOS DO COLE...

         
  QUE TEMOS DE TER EN CONTA CANDO SAÍMOS DO COLE?  
 

  O alumnado do noso colexio está moi afeito a sair do cole. Sabemos que cada vez que saímos temos unha oportunidade nova para aprender doutro xeito e por iso sempre debemos aproveitar todas estas saídas.

Pero que temos que ter en conta sempre que saímos?

Máis información  premendo na imaxe 

   
   

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO 2015

         
  E POLO SAN MARTIÑO...CELEBRAMOS O MAGOSTO!!!!  
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

  Un ano máis celebramos o Magosto no noso centro coas castaniñas asadas e o leite.

Máis información, imaxes e vídeo premendo na castaña 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  
   

SESIÓN PLENARIA INFANTIL

         
  O NOSO CENTRO NUNHA SESIÓN PLENARIA INFANTIL NO CONCELLO DE FERROL  
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Dúas alumnas de 6º , en representación do centro, interviron coma concelleiras simbólicas nunha sesión plenaria infantil no Concello de Ferrol. 

 Este pleno foi organizado dentro do proxecto establecido en colaboración con UNICEF para converter Ferrol en "Cidade amiga da Infancia"

Máis información e imaxes premendo aquí   

 
   

PROGRAMA "ENREDATE" DE UNICEF

         
  TRABALLAMOS OS DEREITOS DOS NENOS E AS NENAS CON "FREDO FOX"  
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo O pasado 17 de novembro, os alumnos de 1º e 2º de Primaria recibimos a visita de FREDO FOX , un simpático xornalista que traballa no programa "ENRÉDATE" de UNICEF

Máis información e imaxes premendo na bandeira 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  
   

20 DE NOVEMBRO, DÍA DA INFANCIA

         
  O 20 DE NOVEMBRO CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA  
 

Dentro da actividade dos "mércores poéticos" dende o grupo da biblioteca propóñennos a lectura dunha poesía para conmemorar esta data tan significativa, resaltando os dereitos de todos os nenos e as nenas.

Máis información premendo na imaxe 

 
   

IMOS AO AUDITORIO

         
  O ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA VAI AO AUDITORIO  
 

O mércores 11 de novembro, os alumnos de 1º e 2º de Primaria fomos ao Auditorio de Caranza a presenciar o conto, Iván e o lobo gris. Foi un auténtico espectáculo de monicreques e diapositivas ilustradas, envoltas en música.

Máis información e imaxes premendo aquí 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  
   

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

         
  XA CELEBRAMOS O SAMAÍN NO NOSO COLE  
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Coma todos os cursos, xa celebramos o  no noso centro. Decoramos o centro, as portas das nosas clases e, grazas á colaboración das familias, poidemos facer exposicións de cabazas e degostar os postres típicos destas datas.

Máis información e imaxes premendo na cabaza 

 
   

UN RELOXO DE SOL NO PATIO DO NOSO COLE

         
  O ALUMNADO DE 6º CONTRIBUIU NA CONSTRUCCIÓN DO RELOXO DO SOL  
 

 Dentro dos programas educativos municipais do Concello de Ferrol poidemos realizar no noso centro esta interesantísima actividade "Xogando co Sol" que conleva a construcción dun reloxo de sol no patio do noso centro.

A actividade poido ser levada a cabo grazas á colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural e a participación do alumnado de 6º de Primaria. 

Máis información e imaxes do proceso premendo no sol 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  
   

VISITA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

         
  O ALUMNADO DE 5º VAI A SOTAVENTO  
 

 O alumnado de 5º visitou o Parque Eólico de Sotavento onde poideron apreciar a importancia da enerxía eólica como unha enerxía non contaminante. 

Máis información premendo na imaxe

 
   

APERTURA DA BIBLIOTECA CURSO 2015 - 2016

         
  APERTURA DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2015 - 2016   
 

Outro curso máis a nosa biblioteca comeza a súa andaina. Conmemorando o día das bibliotecas escolares, todo o alumnado do noso centro acudiu á biblioteca onde, seguindo o lema deste curso  


puido disfrotar dunha presentación sobre Ferrol.

Máis información premendo na imaxe. 

 
   

O PROFESORADO DO CEIP ISAAC PERAL FÓRMASE NAS NOVAS TECNOLOXÍAS

       
  O PROFESORADO DO CEIP ISAAC PERAL FÓRMASE NAS NOVAS TECNOLOXÍAS  
 

 

Durante o curso 2014-15 a meirande parte do profesorado do centro está realizando diversas actividades de formación relacionadas coas novas tecnoloxías.

Premendo na imaxe pódese acceder a información.

 
     

Powered by Drupal - Design by artinet