TIC
PROXECTO EXPERIMENTAL E-DIXGAL
O NOSO CENTRO SELECCIONADO PARA A INCORPORACIÓN AO PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS E-DIXGAL |
|||
Esta convocatoria vai dirixida aos centros Abalar e, os colexios seleccionados disporán de libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o currículo de 5º de Primaria no curso 14-15, ampliándose a outros cursos nos anos seguintes. A selección dos centros para participar neste proxecto implica, pola súa gratuidade, a exclusión expresa como beneficiario do alumnado de 5º de EP das axudas para adquisición de libros de texto xa que o alumnado non terá que mercar os libros de texto impresos. O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A INCORPORACIÓN NESTE PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS este curso en 5º de Primaria, ampliándose no curso seguinte a 6º de Primaria. O alumnado disporá dos seus libros en formato dixital. O centro poñerá a disposición das familias, en préstamo, os ordenadores do alumnado (neetbook) que poderán levar para as súas casas para poder acceder aos libros dixitais. Máis información do proxecto no portal educativo da Xunta de Galica |
|||
OS PERIGOS DE INTERNET
Nesta lista de reproducción podemos atopar un conxunto de videos educativos que nos avisan dos perigos de internet que nos axudarán a previr o ciberacoso. | |||
Para acceder aos distintos vídeos hai que premer en LISTAS DE REPRODUCCIÓN Proximamente teremos no noso centro unhas charlas informativas tanto para o alumnado coma para as familias do 3º ciclo de Primara para informar sobre o tema do ciberacoso. |
RECURSOS MUSICAIS
CINCO RECURSOS MUSICAIS PARA PRIMARIA | ||||
A música é unha disciplina con multitude de posibilidades e aplicacións. Por ese motivo recopilamos estas cinco ligazóns a recusos nas que o alumnado de Primaria aprenderá qué é unha nota musical, como ler nun pentagrama ou descubrir diferentes instrumentos que existen. Tamén podemos atopar xogos e actividades lúdicas para aprender todos estes temas dunha forma entretida. | ||||
![]() |
![]() |
![]() |
||
LOS PEQUEÑOS MÚSICOS | MÚSICA | PASAPALABRA MUSICAL | ||
![]() |
![]() |
|||
REUTILIZAR Y TOCAR | TALLER DE MÚSICA |
XOGOS PARA REPASAR ORTOGRAFÍA
REPASAMOS ORTOGRAFÍA | ||
|
||
![]() |
||
Dictados é un portal creado para facer ditados ao ordenador e practicar ortografía. Os ditados pódense imprimir para que o alumnado poida practicar na casa. |
||
"TOPOROPA", XOGOS PARA REPASAR XEOGRAFÍA
XOGOS PARA REPASAR XEOGRAFÍA | ||
Toporopa é un portal dirixido ao alumnado do último ciclo de Primaria e secundaria para que repasen e aprendan novos coñecementos relacionados coa xeografía a partir de 18 xogos: Países de Europa, Ríos, mares, cadenas montañosas... Pódese áceder á paxina premendo na imaxe. |
||
BUSCADORES SEGUROS
BUSCADORES SEGUROS DE INTERNET PARA NENOS E NENAS: "HABELOS, HAILOS!" | ||
|
||
EUROCHAVALES
SITIO WEB RECOMENDADO |
|||
Para acceder podedes premer na imaxe |
Eurochavales é un sitio web especial da Representación da Comisión Europea en España para nenos de 6 a 14 anos, para os seus pais e profesores. Mediante unha serie de recursos e actividades que alí podedes atopar, inténtase motivar aos xóvenes ao esforzo e incentivar a formación do seu pensamento crítico e da súa expresión. Animámosvos a visitar EUROCHAVALES e valorar as posibilidades dos recursos que alí podedes atopar. |
|
USO DO ORDENADOR
|
||
Sempre que poda, hai que: |
POR FIN AS AULAS ABALAR A PLENO FUNCIONAMENTO (24/02/2012)
O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA COMEZA A UTILIZACIÓN DOS ULTRAPORTÁTILES DAS AULAS ABALAR |
||
Lembramos que este curso o noso centro incorporouse á Rede Abalar e por iso as aulas de 5º de primaria foron dotadas de pizarra dixital, canon, ordenador do profesor e ultraportátiles do alumnado. No curso próximo esa dotación incorporarase ás aulas de 6º de primaria. |
||
FORMACIÓN ABALAR (10/11/2011)
AS FAMILIAS E O PROFESORADO RECIBEN FORMACIÓN SOBRE O ESPAZO ABALAR | ||
Pódese acceder ao Espazo Abalar premendo na seguinte imaxe: ou no menú horizontal situado na parte superior desta web |
||
OS PERIGOS DA INTERNET (4/11/2011)
O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA COMEZA A SÚA FORMACIÓN DAS TIC | ||
Esta formación foi financiada pola Consellería de Educación e levada a cabo polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Galicia (CPEIG) formando parte do PLAN NAVEGA CON RUMBO. Premendo na imaxe atopamos máis información sobre o Plan Navega con Rumbo con documentos informativos para as familias e para o alumnado e acceso a actividades interactivas. |
||
REDE ABALAR (2/8/2011)
![]() |
||
|
Despedimos esta boa nova cun pouco de humor...
|
|
NAVEGA SEGURO POLA INTERNET
ESTÁS SEGUR@ DE QUE SABES NAVEGAR POLA INTERNET? | ||
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o PLAN NAVEGA CON RUMBO polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con con seguridade pola Rede, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. Non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real!. A continuación presentamos unhas guías con recomendacións de interese para o alumnado, nais e pais e para o profesorado Podes acceder a xogos interactivos sobre o tema premendo na imaxe |
||
Toda a información premendo na imaxe |
||
BLOG RECOPILATORIO DE RECURSOS DE LENGUA
O GRUPO TIC DO NOSO CENTRO ELABOROU UN BLOG RECOPILATORIO DE RECURSOS DE LINGUA CASTELÁ |
||
No blog LENGUATICS pódese atopar unha serie de actividades interactivas de lingua castelá clasificadas por ciclos y núcleos temáticos: Gramática, ortografía, vocabulario...O obxectivo é utilizar un medio motivador para que ao alumnado lle sexa máis doado a apredizaxe da lingua castelá. As actividades poden ser utilizadas tanto como un medio de reforzo como de ampliación de contidos. Para acceder hai que premer na imaxe |
||
UN NOVO BLOG DE RECURSOS PARA MATEMÁTICAS
O GRUPO TIC DO NOSO CENTRO ELABOROU UN NOVO BLOG RECOPILATORIO DE RECURSOS DE MATEMÁTICAS |
||
No blog "Matemáticas Informatizadas" pódese atopar unha serie de actividades interactivas clasificadas por núcleos temáticos: numeración, suma, resta, multiplicación... O obxectivo é utilizar un medio motivador para que ao alumnado lle sexa máis doado a apredizaxe das Matemáticas. As actividades poden ser utilizadas tanto como un medio de reforzo como de ampliación de contidos. |
||