OBRADOIRO DE GAUDÍ

   
   
     
 

 

 
              

Na aula de 2ºB adentrámonos no máxico Parque Güel, un dos lugares máis emblemáticos de Barcelona ,deseñado polo magnífico arquitecto Antoni Gaudí. O parque é unha auténtica exposición do método "Trencadís" (mosaico roto feito con fragmentos de porcelana, azulexos, vaixelas ou vidro). Este método foi ideado por Gaudí e polo tamén arquitecto Josep María Jujol. No Parque Güell atópase aplicado nos muros do  seu xardín, nos pavillóns da entrada, na sala das columnas, nos bancos de serpentina e tamén nun dragón multicolor que preside a escalinata do parque (para outros estudosos é unha píntega). Nós o que sabemos é que sexa quen sexa o animal, éste está esgotado de que a xente nova se sente enriba das súas costas para fotografarse continuamente. Por esta razón, e polo seu indubidable valor artístico, os nenos e nenas de 2º B quixemos rendirlle unha homenaxe ao mitolóxico animal. 

Para levar a cabo a  veneración do dragón, nós fixemos a nosa propia interpretación da escultura de Gaudí. Elaborámolo con dúas oveiras e cachos de tea. Utilizamos pois, unha oveira de media ducia  para facer a cabeza, outra oveira de ducia para facer o corpo, e cartón para as patas do animal. Pintamos a boca por dentro, pintámolo de branco por fóra e decorámolo co noso particular "trencadís" (ecomosaico de teas que se ían tirar).

Aquí están as fotos do obradoiro.

              
             
             
             

Tamén tivemos a oportunidade de visualizar na nosa pizarra dixital unha presentación, do xa nomeado Parque Güell. Preme na man do dragón para  ver os seus dominios.

  

Gustouvos a espectacularidade do parque-xardín do noso amigo? Pois agora el quere invitarvos a xogar con el. Parece ser que perdeu as súas patas e algunha parte do seu corpo. Axúdao a atopalas premendo nesta imaxe!

 

Seguimos xogando?Agora propoñémosvos un puzzle online da Casa Museo Gaudí,que tamén se atopa no Parque Güell. Premede na imaxe de abaixo para acceder ao xogo.

 

ÚLTIMO XOGO! A cor na arte expresa emocións e sensacións, por iso suxerímosvos darlle cor a dúas das torres do Templo Expiatorio da Sagrada Familia de Gaudí .Premede na imaxe do templo para entrar no xogo online.

 

 Deseguido queremos presentarvos unha xoia de vídeo que nos encanta! Ten os méritos de ser gañador do Gran Premio do Festival Internacional de Filmes Turísticos de Riga, e o galardón á mellor película de Turismo Cultural no ano 2014. Neste vídeo aparece un curmán do noso amigo o dragón multicolor, que habita no teito desta impresionante casa de Gaudí. A casa ten ósos como columnas e máscaras venecianas como balcóns ! Velaí o tedes ! Disfrutade con "LOVE CASA BATLLÓ"! 

 

 
 

Gustouvos o vídeo? Pois si queredes seguir profundizando na obra de Gaudí, deixámosvos este enlace de fichas didácticas que nós xa fixemos na clase.Premede na imaxe de abaixo,para botarlle un ollo a estas propostas educativas.

 

 
OBRADOIRO DE GAUDÍ

Powered by Drupal - Design by artinet