O PROFESORADO DO CEIP ISAAC PERAL FÓRMASE NAS NOVAS TECNOLOXÍAS

                   
                  
      O PROFESORADO FÓRMASE NAS NOVAS TECNOLOXÍAS           
                  
               
     

O claustro do CEIP Isaac Peral  é plenamente consciente da evolución da sociedade e das demandas da mesma, así como da lóxica evolución da metodoloxía que iso conleva.

Por iso, durante o actual curso 2014-2015, a meirande parte do profesorado do centro está realizando dous seminarios relacionados coas TIC, un deles sobre a elaboración da páxina web e os blogs e outro sobre o proxecto de libros electrónicos E-DIXGAL, proxecto experimental ao que as inquedanzas pedagóxicas do profesorado avocaron a incorporarse.


O traballo está sendo apaixoante, ás veces moi traballoso, ás veces difícil, ás veces case imposible, pero sempre satisfactorio pola súa doble vertente de formación e superación persoal pero, sobre todo, polas posibilidades que ofrece de abrir novas canles de comunicación coas familias para compartir o traballo, as actividades, os avances e, en definitiva a vida dos seus fillos e fillas no ámbito escolar.


Estes seminarios inclúen tres partes ben diferenciadas: cursos presenciais con poñentes expertos na materia, traballo en equipo e traballo individual. Pois ben, estes proxectos innovadores e tamén unha mostra do resultado deste traballo é o que queremos compartir con toda a comunidade educativa, pois tanto a formación como o resultado da mesma repercuten directamente no noso traballo e, por tanto, no noso alumnado.

       
                  
     

Esta é unha pequena mostra dos materiais elaborados e do traballo que estamos a desenvolver   

       
     

A PSICOMOTRICIDADE NA EDUCACIÓN INFANTIL

A PSICOMOTRICIDADE NA E. INFANTIL

REMEMORANDO A ROSALÍA DE CASTRO 

XOGOS NA CLASE DE E. FÍSICA 

       
     

COLABORANDO FAMILIA-ESCOLA

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE COS PEQUENOS/AS DO COLE

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE 

riscos de internet

RISCOS DE INTERNET

       
     

BICOS E APERTAS

DÍA DE ROSALÍA: 4 ANOS

DÍA DA PAZ

       
     

OBRADOIRO DE GAUDÍ

AS PLANTAS FLORES PARA ROSALÍA        
     

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

       
               
       Premendo nesta imaxe atópanse todas as publicacións elaboradas polo profesorado clasificado por cursos        
     

                                   

       
               
               
                     
                     
               
                   

Powered by Drupal - Design by artinet