COMO ESCOLLER UN BO COLEXIO

     
  COMO ESCOLLER UN BO COLEXIO  
 

Agora que vostedes están nun momento de tomar unha decisión tan  importante como é a de escoller o colexio no que matricular ao seu fillo ou filla, deberíase facer a seguinte reflexión:

  • Han de estar de acordo coa parella. Para isto pódese facer unha lista das prioridades e as necesidades da familia, o que lle pide ao centro:

 Tipo de centro que desexan: escola pública ou escola privada

 Metodoloxía que se emprega: importancia da lectura, razoamento...

 Valores que transmite o centro e que deben ir en consonancia co que se transmiten na casa:  solidaridade, igualdade de xénero...

 Distancia da casa ao centro

 Servizos que se ofertan: Comedor, actividades extraescolares...

Proxectos do centro: DIXGAL (libros dixitais), TEI (Prevención do acoso)...

  Visitar as escolas que están na zona e que máis nos interesan: que sentimos cando entramos nesa escola, como falan desa escola, como se forma ao alumnado, transparencia na súa documentación...sempre mantendo a maior obxectividade nas apreciacións.

  • Acudir á visita  coa persoa encargada da acollida ás familias novas ao centro (plan de acollida)
  • Facer as preguntas necesarias para resolver dúbidas.

Os fillos e fillas son o máis valioso que temos como pais e nais e o momento que están vostedes a vivir e moi importante. Concédanse tempo para tomar esta decisión de escoller a escola e despois disfrute e comparta a escolaridade do seu fillo ou filla.

Se despois de todo isto, vostedes deciden escoller o noso centro, o CEIP Isaac Peral,

SEXAN  VOSTEDES  BEN  RECIBIDOS!


Esperamos satisfacer as súas expectativas!

 

Powered by Drupal - Design by artinet