|
||||
En todas as partes do mundo cando chegan estas datas os nenos e nenas reciben xoguetes, pero como son tantos, os Reis Magos teñen moitos axudantes nos distintos lugares do mundo. Queredes coñecelos? Premede nas imaxes e estade moi atentos e atentas. |
||||
Alemania |
Italia |
|||
País Vasco |
España |
|||
Quen é este personaxe? |
||||
Neste país quen trae os xoguetes é ...
Déixaos o día 24 de decembro, cando nace Xesús. Os nenos alemáns deben poñer as súas cartas na ventá, para que este anxo as lea e coloque os xoguetes baixo a árbore, adornada toda con velas acesas. |
||||
Chega o 5 de xaneiro á noite A BRUXA BEFANA
Saíu na súa procura, pero por máis que buscou non o atopou. Por cada lugar que pasaba dáballe caramelos a tódolos nenos e nenas, e dende aquela este personaxe é o que deixa aos nenos e nenas italianos xoguetes e caramelos. E eles e elas deben deixarlle nun prato unha mandarina e un vaso de viño para que a bruxa entre en calor. |
||||
Chega OLENTZERO co seu asno ASTOTXO a repartir os xoguetes entre todos o nenos e nenas vascas.
Dende aquela o OLENTZERO baixa do bosque cargado de xoguetes, o 5 de xaneiro, para todos os nenos e nenas do País Vasco.
|
||||
A noite do 5 de xaneiro chegan as casas dos nenos españois tres REIS MAGOS vidos dende Oriente para traerlles regalos a aqueles que se portaron ben e estudiaron moito; ós que non, déixanlles carbón, menos mal que é doce! Os nenos e nenas deben deixar o seu zapato, moi limpiño, preto da ventá; un balde con auga para os camelos e algunha larpeirada, cun vasiño de leite quente, para que os Reis recobren forzas. Estes tres Reis foron hai moito tempo seguindo unha estrela que os guiou ata o Portal onde nacera o Neno Xesús. Leváronlle ricos presentes: incenso, ouro e mirra. Escribistes xa a carta para os Reis Magos? Estes personaxes tamén van a outros países, principalmente de Latinoamérica, como Guatemala.
|
||||
RUSIA
Antiguamente celebraban a festa de San Nicolás, pero na época comunista quedaron prácticamente prohibidas as celebracións relixiosas e crearon a DED MOROZ. É un home alto, delgado, cunha longa barba branca que vive na selva. O pai inverno leva unha longa capa de cor vermella con ouro. Viaxa nunha troika, trineo ruso, tirado por seis cabalos. A súa axudante é SNEGUROCHKA (nena da neve) coñecida figura de contos de fadas de Rusia. |
||||
Atención! Quédanos un personaxe que acude tamén ao noso país e a outros moitos.
Chámase de moitas maneiras segundo o lugar: Papá Noël, Santa Claus, San Nicolás…
SAN NICOLÁS é o verdadeiro nome deste personaxe. Este santo nace en Grecia hai moitos séculos. Era rico, pero cando morreron os seus pais doou todo aos pobres e fíxose sacerdote. Estendeuse a súa fama de home xeneroso e foise convertendo en lenda. Dende aquela chega aos fogares de moitas casas, vén montado nun trineo tirado por sete renos, cargado cun saco cheo de xoguetes para deixarlle aos nenos bos. Pero coidado! din que trae un feixe de varas para os que non se porten ben.
A Santa, gústalle moito entrar polas chemineas; así que se tedes unha, procurade que estea ben limpa, para que non se manche. Ah!, e podedes colgar calcetíns nela ou na árbore para que vos deixe caramelos e moedas de chocolate.
![]()
|
||||