|
Foi por marzo de 1963 cando tres académicos numerarios decidiron presentar na REAL ACADEMIA GALEGA un escrito no que se pedía a celebración do Día das Letras Galegas. |
Eles foron Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, e o motivo de tal solicitude: festexar a publicación, cen anos antes, de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, unha obra que "dignificou a nosa lingua e o seu uso literario". Así, a petición destes tres académicos oriéntabase a consagrar o 17 de maio e "con carácter de perdurabilidade o simbolismo desta data nunha celebración anual". |
AUTORES AOS QUE SE LLES ADICOU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS