COMEZO DE CURSO 20 - 21

           
  COMEZO DO CURSO 2020 - 2021  
  DATAS DE COMEZO DAS CLASES  
 

- Día 9 de setembro: Comezo das clases para 4º Infantil, 5º Infantil , 1º, 2º e 3º de E. Primaria.

- Día 10 de setembro: Comezo das clases para 6º Infantil e 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

TODO O ALUMNADO DE E. PRIMARIA DEBERÁ ACUDIR AO CENTRO CON MÁSCARA.

ADEMAIS DEBERÁ TRAER OUTRA MÁSCARA DE REPOSTO NUNHA BOLSA OU ESTOXO.

AS DÚAS MÁSCARAS TEÑEN QUE TRAER O NOME DO NENO/A.

O horario deses días será o habitual de 9 a 14 horas (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións especias relativas á organización deste curso escolar no que:

  • As entradas e saídas durante este curso escolar (ou mentres a situación así o requira) realizaranse de forma escalonada.
  • Nas entradas o alumnado non formará filas para entrar senón que, segundo vaia chegando ao centro, entrará directamente nas clases, tendo en conta a seguinte marxe horaria:

       Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:50 e as 9:10 h. As familias non poderán acceder ao recinto escolar, agás o alumnado de 1º de primaria que, o primeiro día de clase, poderá ser acompañado á entrada principal por un só adulto.

       Alumnado de E. infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 9:00 e as 9:20 h.

  • As saídas realizaranse escalonadas entre as 13:45 e as 14:00 h. Cada curso terá unha hora e unha porta específica de saída. 

Nas seguintes imaxes recóllese unha síntese destas entradas e saídas por cursos, así como as portas utilizadas.

Premendo nas imaxes poden verse máis grandes.

    

  

   

POLA SEGURIDADE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PEDIMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE RESPECTEN ESTES HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS.

A PUNTUALIDADE DE TODOS XOGA UN PAPEL IMPORTANTE NESTA SITUACIÓN.

 
           
  SERVIZO COMEDOR 2020 - 2021  
 

Unha vez rematado o prazo inicial (4 de setembro) de presentación de solicitudes do servizo do comedor e dado que temos que organizalo tendo en conta o número exacto de comensais FIXOS, tanto de almorzo como de xantar,

ESTÁBLECESE COMA DATA LÍMITE PARA APUNTARSE A ESTE SERVIZO O DÍA 10 DE SETEMBRO.

AS SOLICITUDES DEBERÁN ENVIALAS POR CORREO ELECTRÓNICO AO CENTRO.

Dada a imposibilidade da organización do comedor para o día 10 de setembro,

NON HABERÁ SERVIZO DE ALMORZO NIN DE XANTAR ATA O DÍA 14 DE SETEMBRO.

Lembramos as características da prestación desde servizo durante este curso escolar:

 
 
  1. Servizo de almorzo: de 7:30 a 9:00 h.
  2. Servizo de xantar: de 14:00 a 15:30 h.
Para poder prestar este servizo e manter unhas condicións básicas de sanidade, tomaranse, entre outras, as seguintes medidas:
  1. Habilitaranse dous espazos para poder levar a cabo este servizo de comedor.
  2. O alumnado dividirase en grupos estables de convivencia (grupos da clase). Cada clase sentarase nunha mesa diferente.
  3. Os sitios serán fixos e o alumnado dos distintos grupos (clases) estarán separados respectando as distancias de seguridade.
  4. Os comensais serán fixos, tanto para o almorzo coma para o xantar. Poden ser en dias determinados, ou todos os días da semana, pero sempre fixos. Non hai posibilidade de apuntarse ao servizo nun día por un imprevisto.
Nos documentos que se adxuntan poden atopar o PROTOCOLO DO SERVIZO DO COMEDOR  e a FICHA DE INSCRIPCIÓN.
 
DATA LÍMITE DA INSCRIPCIÓN: DÍA 10 DE SETEMBRO
PROCEDEMENTO: ENVIAR POR CORREO ELECTRÓNICO DO CENTRO:
isaacperalferrol@gmail.com
 
  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  
 

Dada a situación específica deste curso, non haberá actividades extraescolares, polo menos ata o mes de xaneiro, onde se valorará a situación. Tampouco haberá ludoteca (tempo de espera).

 
  OFICINA DO CENTRO  
 

Para acudir á oficina do centro deberán pedir cita previa.

Non se permite no horario das entradas e saídas do centro ou no tempo de recreo a entrada das familias no centro.

Calquera consulta poden facela vía correo electrónico ou telefónica.

Teléfonos de contacto:  881 93 02 10/18

Consultas ou comunicacións específicas relacionada coa situación do COVID-19: 881 93 02 11 - 621 30 43 21

 
           

Powered by Drupal - Design by artinet