EXCURSION DE ARES

       
           
     

 O pasado luns, 18 de xuño, os nenos e nenas de 4º fomos de excursión de fin de curso a Ares. Primeramente fixemos un paseo cultural por Ares, a primeira parada tivo lugar no Museo do Salazón. Alí esperábanos Marisa Carnero, propietaria xunto coa súa familia, desta fábrica convertida nun museo . Este museo que abreu para nós por ser escolares, ten como finalidade homenaxear aos homes e ás mulleres, que traballaron duramente no oficio do salazón. Marisa explicounos as funcións de todos os obxectos que están presentes alí, entre eles ,algunha reprodución feita polo seu fillo e escultor, Eduardo Morgade. Falounos tamén, das historias que agochaban as fotografías que estaban colgadas nas paredes, recalcando sobre todo, as férreas condicións de vida duns traballadores e traballadoras, que facían auténticas proezas, para levar un cacho de pan á boca.

Abaixo temos á esquerda unha máquina xudea de prensar peixe  e a dereita unha máquina catalana coa mesma función. Co prensado sacaban o saín das sardiñas, a súa graxa. Utilizábano para pintar ou para alumear nas casas.

     
          
                                                                                                                                                                                                                                                                                
     
     

 Durante a explicación de Marisa, Bruno Leiro de 4º B tivo o agasallo de ver a súa bisavoa, nunha fotografía de varias que hai na exposición. 

   

     
                
     

 Abaixo , unha reprodución das chapas que lles daban ás traballadoras e aos traballadores por cada viaxe que facían do porto á fábrica. Aos nenos dábanlles unha de madeira, cando tiñan catro de madeira, cambiábanllas por unha de metal.As chapas tiñan a súa equivalencia en cartos.

Deseguido unha foto de traballadoras e traballadores portando paxes de sal na cabeza, algúns deles nenas e nenos de corta idade.

 

     
     

    

     
     

 Deseguido fixémoslle unha visita a Hermelinda, escultura feita por Miguel Couto que representa a unha vendedora de xornais dos anos 50, que repartía xornais polas casas, e os restantes vendíaos a carón da igrexa.   

 

 

     
     

Continuamos o paseo cultural, vendo a biblioteca municipal, que no seu día foi o primeiro colexio construído polos galegos emigrantes en Cuba, para o seu pobo, Galiza.

  

 

     
     

 E DESPOIS Á PRAIA E A VER A PONTE DA CISCADA!

  

     
               
     

 SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DA SAÍDA, PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO.

     
     

 

     

Powered by Drupal - Design by artinet