SAÍDA A CORUÑA: Exposición de Sorolla e Castelo de San Antón

       
            
 

 O 24 e o 27 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 1º e 2º fomos de excursión á Fundación Barrie, a visitar a exposición "Sorolla. Terra adentro" e ao "Museo Arqueolóxico - Castelo de San Antón" na Coruña. Desfrutamos moito vendo pinturas de Sorolla, envoltas en luz, sombras e pinceladas impresionistas. Deseguido tivemos a oportunidade de plasmar as nosas dotes artísticas, na creación de paisaxes realizadas con ceras brandas. Pero a mañá non rematou coa exposición do "pintor da luz", pois ás 12 h. tiñamos unha cita no Castelo de San Antón. Alí uns arqueólogos esperábannos para mostrarnos e explicarnos moitas cousas sobre obxectos prehistóricos, castrexos, romanos e doutras épocas posteriores. Gustáronnos moito todas as pezas que vimos, pero o que máis nos impresionou foi o alxibe, situado nos sotos do castelo. O estanque subterráneo pareceunos impresionante! 

VELAÍ AS FOTOS DA SAÍDA

   
                   
                   
     

 SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DA SAÍDA, PREMEDE NA CÁMARA DE FOTOS.

Na primeira cámara para as fotos de 1º e a segunda cámara para as fotos de 2º

Fotos de 1º curso                               Fotos de 2º curso     

         
 

 AGORA ,VEXAMOS "O SOÑO DE SOROLLA"

   
     

XOGAMOS?

         
     

AGORA PROPOÑÉMOSVOS FACER UN PUZZLE DO LENZO "A SESTA". ESTA  PINTURA ESTÁ  UBICADA NO XARDÍN DO ANTIGO CASERÍO DO DOUTOR JUAN MADINAVEITÍA, O CAL TRATABA A TUBERCULOSE DA FILLA MAIOR DE SOROLLA , MARÍA CLOTILDE. NELA APARECEN CLOTILDE (ESPOSA DE SOROLLA), AS SÚAS FILLAS E UNHA CURMÁ DESTAS (MARÍA TERESA GARCÍA BANÚS)

         
 

 
 

E SE QUEREDES FACER MÁIS PUZZLES DE SOROLLA PREMEDE ABAIXO.

 

 

 
     

XXX

Powered by Drupal - Design by artinet