CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018 (III)

     
  A XUNTA ELECTORAL FIXA O CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR  
 

Trala primeira reunión da Xunta electoral, fixouse o calendario das eleccións ao Consello Escolar é abriuse o prazo de presentación de candidaturas a ditas eleccións que se realizarán o martes 27 de novembro.

Xa está dispoñible para a súa revisión o censo electoral que poderán consultalo no taboleiro de anuncios do centro.

DATAS IMPORTANTES

Presentación de candidaturas: do 8 ao 14 de novembro

Realización das votacións: martes 27 de novembro no seguinte horario: 9 - 10 h// 13:30 - 14:15 h// 17 - 18 h

Acceso á circular da convocatoria ás eleccións do Consello Escolar

 

Powered by Drupal - Design by artinet