VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO

 

             
             
     

     

     
             
     

 

Martes, 15 de marzo: ÁNXELA LOUREIRO visitou o noso Centro.

 

Ánxela naceu en Ferrol. É unha mestra á que lle encanta escribir, cantar e animar as reunións.

     
   

 

 

 

 

Os nenos e nenas de 3ºde Primaria esparábana na biblioteca. Alí conversaron con ela sobre o libro "Ota quere voar". Ota é unha gaivota valente e curiosa que vive moitas aventuras.

 

     
     

Ánxela inventou unha estrofa e un xogo para palmear coa historia de Ota.

Gustounos tanto, que nós acabamos o poema. E como gaivotas, botámolo a voar nas ondas da nosa radio: .

     
     

QUEREDES ESCOITAR O SEU SON CLARIÑO E BEN ACOMPASADO?

     
             
     

 

 

  Falounos de como se fixo escritora: inventando un conto para o seu fillo sobre caracois, "Viaxe de ida e volta", para que aprendera a respectalos.

 

     
             
             
     

Os nenos e nenas recibiron a Ánxela cunha canción, e a autora tamén animou a conversa intercalando cancións e xogos inventados alí mesmo. Un exemplo foi este poemiña:

     
     

"Son un ledo caracol,

vaia chuvia, vaia sol.

Eu tamén son moi feliz,

polas follas e a raíz".

 

     
      DESPEDIRON A ÁNXELA CON PEQUENOS AGASALLOS FEITOS POR ELES. ELA ASINOULLES OS LIBROS.      
     

 

    

 

     
     

 

  por animarnos a ser mellores lectores, e por  facelo cun sorriso. 

     
       CLIC PARA VER MÁIS FOTOS        
     

 

     

Powered by Drupal - Design by artinet