VISITA DO ACTOR RUBÉN RIÓS

          O vindeiro mércores día 12 de maio visitará o noso Centro o actor galego RUBÉN RIÓS.

 

.                  

 

          Esta actividade, dirixida aos alumnos do 3º ciclo de Primaria, realizarase conxuntamente co CEIP OS ROSAIS.

          Nun primeiro momento, Rubén Riós presentará a curta "Coser e cantar" que foi premio "Mestre Mateo" á mellor curta de Galicia do ano.

           Posteriormente, explicará como se rodou e, xa para rematar, haberá un coloquio cos alumnos.

           Rematada a visita, xa podes ver as FOTOS DISTE ACTO premendo aquí.

           Se desexas facer algún comentario ou aportación sobre iste tema, podes acceder ao noso blog "O PAÍS DOS CONTOS"