FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN:

- Telemática: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informátca Fondolibros .

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identficación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (htps://sede.xunta.gal/chave365).

- Presencial: Establécese o sistema de cita previa para presentar as solicitudes, as citas solicitaranse enviando un e-mail ao enderezo noemi.cendan@edu.xunta.gal indicando o número de teléfono, alumnado para o que solicitan a axuda, franxa horaria preferente e días nos que poden acudir ao centro en horario de mañá ou, excepcionalmente, chamando ao teléfono 886 110 716 de 9:30 a 13:00. O centro porase en contacto coas familias á maior brevidade posible.

As familias poden pasar a recoller os formularios á planta baixa do centro en horario de 9:30 a 13:00 horas. No caso de que a unidade familiar estea formada por máis de catro membros deberán coller tantas follas do Anexo II como precisen.

Descarga a SOLICITUDE DE PARTCIPACIÓN.

 

TIPOS DE AXUDAS:

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS(vale):1º e 2º de Ed.Primaria

FONDO SOLIDARIO(préstamo):

* 3º,4º,5º e 6º de Ed.Primaria

* Alumnado cunha discapacidade maior ou igual ao 65%, que a xuízo do centro,non poida usar os libros de texto do curso onde está matriculado e non existan libros no fondo adecuados, poderá AXUDA PARA LIBROS OU MATERIAL DIDÁCTICO (a determinar polo centro).O centro informara ás familias.

ALUMNADO CON NEAE :no caso de que o centro determine que non pode utilizar os libros do curso no que está matriculado e non existan libros no fondo solidario adecuados recibirá AXUDA PARA LIBROS OU MATERIAL DIDÁCTICO(a determinar polo centro).O centro informará ás familias.

AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR:Todo o alumnado de Ed. Primaria.

 

PRAZOS:

Publicación das listaxes provisionais: antes do 10 XULLO.

Reclamacións as listaxes provisionais: 2 días seguintes a súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas:15 XULLO

(PREME AQUÍ PARA COMPROBAR A DATA QUE CORRESPONDE A CADA CURSO PARA A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2019/2020) 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, AS LISTAXES NON SE PODERÁN PUBLICAR NA WEB DO CENTRO, SÓ SE PODERÁN CONSULTAR PRESENCIALMENTE NO TABOEIRO DO CENTRO OU NA APLICACIÓN FONDOLIBROS.NON SE PODERÁ FACILITAR ESTA INFORMACIÓN VÍA TELEFÓNICA.

                      PREME PARA VER OS DOCUMENTOS ADXUNTOS.

AdxuntoTamaño
Orde do 12 de maio de 2020.pdf1.2 MB
Extracto da Orde do 12 de maio de 2020.pdf432.21 KB
Formas de presentación.pdf306.05 KB
Instrucións para cubrir o formulario.pdf90.84 KB
Cálculo da renda per cápita.pdf96.38 KB
Documentación obrigatoria.pdf70.1 KB
Obrigas das persoas beneficiarias.pdf41.22 KB
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN.pdf1.04 MB
Prazos e Devolución dos libros 2019-2020.pdf177.45 KB

ABALAR Móbil

Inicio de Sesión