Skip to Content

PUMPKIN EXHIBITION

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.

Na reunión da xunta electoral celebrada o día 15 de outubro do 2024 en virtude do artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, que regula a constitución da Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, acordouse o seguinte calendario de actuacións:

Día 15 de outubro:

Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos no taboleiro de anuncios do centro: profesorado, nais/ pais e persoal de administración e servizos.

Publicación provisional dos censos dos sectores citados no interior do centro.

Día 28 de outubro. (Celebración da 2º reunión da Xunta Electoral)

Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores.

Aprobación definitiva de censos electorais unha vez resoltas as posibles reclamacións.

Aprobación do modelo de papeletas dos distintos actos electorais.

Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.

Día 19 de novembro:

Celebración votacións do profesorado.

 

Celebración das votacións de : nais pais e titores legais do alumnado.

Persoal de administración e servizos.

Día 21 de novembro; Celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral.

Proclamación de candidatos electos.

Traslado á Xefatura Territorial da Consellería de Educación Ciencia Unversidades e Formación Profesional das copias da actas das votacións efectuadas.

No seguinte enlace poden descargar o modelo de presentación de candidaturas.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

REUNIÓN DE 5º E 6º DE INFANTIL : MARTES 17  ÁS 15:30

REUNIÓN DE  1º E 2º DE PRIMARIA : MARTES 17  ÁS 16:15

REUNIÓN DE  3º E 4º DE PRIMARIA  : MARTES 24  ÁS 15:45

REUNIÓN DE  5º E 6º DE PRIMARIA  : MARTES 24  ÁS 16:15

 

 

INICIO DE CURSO

Estimadas familias, dámoslles a benvida ao novo curso que comenza o vindeiro mércores en horario de 8.50  a 13.50.

 O alumnado de 3 anos que terá un período de adaptación cos horarios establecidos coas familias.

O alumnado de 1º ,2º e  4º entrará pola porta dereita do centro(zona de biblioteca).

O alumnado de 3º,5º e 6º entrará pola porta esquerda (zona de secretaría).

Durante as dúas primeiras semanas o alumnado de 1º de Primaria poderá entrar acompañado dun familiar para colocarse na súa fila.

Nos vindeiros días dende as titorías convocarase ás familias a unha reunión  para dar unha información máis pormenorizada.

BENVIDA AO NOVO CURSO

Dende o Claustro do centro desexámoslles o bo inicio de curso que comezará o mércores 11 de setembro.

O vindeiro xoves día 5 publicaranse as listaxes coa distribución do alumnado por alulas no taboleiro do centro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 24/25

 Pódense descargar instruccións,  orde e anexos de solicitude nos documentos adxuntos.

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Está publicada a listaxe provisional de admitidos no taboleiro interior do centro.

MATRÍCULA 2024/2025

Distribuir contido


by Dr. Radut