Skip to Content

Novas

Últimas noticias

Resumo procedemento de escolarización de alumnado

ESCOLARIZACIÓN CURSO 2023-24

Lexislación:

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 

 

 

 

PROCEDEMENTO

FASES

PRAZOS

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Alumnado matriculado no CEIP Illa Verde

 

 (o alumnado ata 5º de Educación Primaria non ten que facer ningún trámite. O centro os matriculará automáticamente)

RESERVA

(só para alumnos de 6º de primaria que desexen cursar 1º ESO no centro adscrito - IES Sanxillo)

 

Reserva praza (1º ESO) para alumnos de 6º de primaria no centro adscrito IES Sanxillao

(enlace ao procedemento)

 

16 de xaneiro 2023 - 6 de febreiro 2023

 

 

Modelo solicitude ED550A

 

 

Renuncia á solicitude reserva para o centro adscrito

 

Antes do 28 de febreiro

 

 

Sorteo público para efectos de desempate (no caso de empate na puntuación total)

 

Última semana de febreiro e en todo caso antes do 1 de marzo

 

Publicación listado de alumnado con posto reservado

22 febreiro

 

 

Publicación postos escolares vacantes

 

Antes do 1 de marzo

 

Alumnado de 6º de primaria que desexen cursar 1º ESO noutro centro distinto ao IES Sanxillao

e

Alumnado doutros cursos que queira cambiar de centro para o vindeiro curso

 

-----> entrarán a participar no procedemento de ADMISIÓN.

 

 

 Solicitarán un certificado de matrícula na secretaría do noso centro.

 

(O alumnado con dereito a permanencia que faga unha solicitude de admisión noutro centro o ten que comunicar ao mesmo tempo no centro de orixe, entregando unha copia da solicitude presentada).

1 marzo -20 marzo

Presentarán no centro que elixan:

 

 Modelo solicitude ED550B

+

certificado de matrícula e documento que acredite a idade do alumno/a (fotocopia do Libro de Familia ou do DNI).

 

 

Presentarán na secretaría do noso centro unha copia do anexo II que presentaron no colexio ao que queren trasladarse.

 

Novo alumnado no CEIP Illa Verde

ADMISIÓN

(novos alumnos de educación infantil e primaria)

 

Presentación solicitudes admisión

 

(Só se pode presentar 1 solicitude de admisión. Se presentan máis dunha solicitude será unha infracción e perderán a posible prioridade que poida corresponderlles)

1 marzo -20 marzo

 

Modelo solicitude ED550B

+

- Documento que acredite a idade do alumno/a : DNI ou Libro de Familia (copia e orixinal para o cotexo).

 

- certificado de matrícula do centro de procedencia (no caso de alumnado xa escolarizado que proveña doutro centro).

 

- Obligatoriedade de que a solicitude veña asinada polos dous proxenitores ( no caso de

separación ou divorcio, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade).

 

 - Convenio regulador ou a resolución xudicial e divorcio ou separación (nos casos de separación ou divorcio)

 

- Copia do DNI do pai e da nai d@ alumn@

(no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educación terán que entregar)

 

Renuncia á solicitude de admisión

 

Ata o 20 de marzo

 

 

Presentación documentación no caso de baremo

 

10 días hábiles a contar a partir do día seguinte que remata o prazo para presentar as solicitudes de admisión.

 

 

 

Publicación listaxes provisionais (admitidos e no adminitidos)

 

25 de abril

 

 

Reclamación ás listaxes provixionais

 

5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da listaxe provisional de admitidos e no admitidos.

 

 

Publicación listaxes definitivas (admitidos e no adminitidos)

 

15 de maio

 

Reclamación á listaxe definitiva (admitidos e no admitidos)

1 mes para interpoñer recurso de alzada ante a Xefatura Territorial a contar desde o día seguinte da publicación

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MATRÍCULA

(para alumnos admitidos)

 

 

Prazo matrícula curso 2023-24 para NOVOS ALUMNOS de Educación infantil e Educación primaria

 

 

Do 20 ao 30 de xuño

 

 

Pode recoller a documentación necesaria na secretaría do centro o descargala neste enlace.

Fondo solidario --- AMPLIACIÓN AXUDAS para adquisición de material escolar curso 2022-23

A consellería aprobou unha ampliación da axuda para adquirir material escolar  regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50€, para concederlles 25€ adicionais ata acadar un importe total de 75€.

Normativa: Resolución  5 outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022

Destinatarios: alumnado que foi beneficiario de axuda por importe de 50€ para adquirir material escolar para o curso 2022-23.

Recollida de vales: a partir do día 17 ás 12:00h.

 

O vale deberá de empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro do 2022

Reunión familias alumnado 4º infantil (3 anos)

O vindeiro martes 28 de xuño ás 11:00h no edificio Anexo terá lugar unha reunión de carácter informativo para as familias dos alumnos de 4º de infantil.

Matrícula comedor curso 22/23

Dende o Concellería de Educación do Concello de Lugo, e a empresa concesionaria dos servizos de xantar e madrugadores, informannos que todas as persoas interesadas en reservar praza no servizo de madrugadores ou comedor para o vindeiro curso, terán na web municipal
http://concellodelugo.gal/es/actuaciones/servicio-municipal-de-comedores-escolares
toda a información relativa para o proceso de inscrición a partir de mediados do mes de xulio, ata o 20 de agosto, para aqueles usuarios que queiran empezar no mes de setembro. Os usuarios que queiran comezar calquera outro mes bastará con darse de alta antes do día 22 do mes anterior.

Distribuir contido


by Dr. Radut