Skip to Content

Proxectos de traballo

proxectos de traballo que se realizan no centro ó longo do curso

DÍA INTERNACIONAL da RECICLAXE

O 17 de maio ademais de ser o día das Letras Galegas, tamén é o día da Reciclaxe.
Por iso deixamos aquí uns carteis moi chulos que fixo alumnado de 2º, 3º e 4ºGuiño
    

Na aula de inglés diseñaron estas camisetas con mensaxes a favor da reciclaxe.


RRReciclarte en FAMILIA

Mirade que traballos relacionados coa PRIMAVERA fixemos na casa coa axuda das nosas FAMILIAS. Tamén fixemos algúns no cole. Para realizalos utilizamos material de refugallo. Adornamos con eles os corredores  e quedáronos así de chulo.


FROITAS do ILLAS CÍES

Somos froitas do Illas Cíes

somos todas moi sabrosas

temos moitas vitaminas,

somos todas exquisitas,

somos as túas amigas.


HOXE TOCA...

Marzo 2013

luns 4  toca...

peras

¡Boííísimas!

martes 5 toca...

amorodos

¡Riquííísimos!

 

 

mércores 6 toca...

plátanos 

¡Exquisííítos!

 xoves 7 toca...

variado

¡Que ben!

 

 

venres 8 toca...

mazá

¡Que sabrosa!

 

 luns 11 toca...

mandarina

¡Docííísima!

 

 


REPARTO DE FROITA

Na semana do 4 ó 8 de marzo facemos o segundo reparto de froita na escola, na hora do recreo. Preparamos estes carteis para dar a coñecer esta actividade a toda a comunidade educativa.

Na pantalla do corredor da entrada proxectamos este video sobre as árbores froteiras.

 


ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA. ¿Sabes comer ben?

A túa dieta debe ser completa e variada composta por aqueles alimentos que favorecen a reposición de enerxía e o teu desenvolvemento corporal.

Realiza un test para saber se te alimentas ben. PINCHA NA PIRÁMIDE.

  

Aprende a comer be comendo sano con Marcelo. PINCHA NA BICI.



FROITAS para o CORAZÓN 1º trimestre

      Neste 1º trimestre falamos de que as froitas e hortalizas son indespensables para a nosa alimentación, de que o consumo de, alomenos, 5 racións de froitas e hortalizas ó día contribúe a levar unha alimentación equilibrada.

      No corredor do Atlántico expusemos, na froiteiría O Sereo, froitas de outono e no Laboratorio elaboramos distintas receitas riquííísimas.

       No mes de novembro, na semana do reparto de froita tomamos: mazás, plátanos, mandarinas e peras.

 

 

CANCIÓN DOS FRUITIS

 


 

RRReciclARTE no 1º trimestre

Durante o 1º trimestre desenvolvimos unha chea de actividades encamiñadas a propiciar comportamentos responsables e participativos que contribuiron a poñer o noso graniño de area na conservación do medio ambiente: procurando aforrar enerxía, reutilizando e reciclando materiais de refugallo, creando colectores de plástico nas aulas e novos puntos limpos no patio...

Tamén creamos o recuncho de "RRReciclarte en FAMILIA". Aquí imos expoñendo as obras feitas polo alumnado coa axuda das súas familias. ¡ Que arte!

Aquí queda unha mostra do moito que traballamos.

 

 

 

 


RECEITA para o NADAL

INGREDIENTES: amor, imaxinación, paz, corazón, ilusión,

MODO DE FACELO: Xuntemos varias medidas de

 

AMOR


Un xesto de PAZ

Un chisco de IMAXINACIÓN

Mezclamos nun molde de CORAZÓN

Forneamos con ILUSIÓN

Cando este lista...

Ofrezcámola cunha chea de PANXOLIÑAS.

SorrisoGuiñoSorrisoGuiñoSorriso 

 


Consellos para o NADAL de SOGAMA

No adxunto: MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut