Skip to Content

Proxectos de traballo

proxectos de traballo que se realizan no centro ó longo do curso

PAISAXES nas PORTAS das AULAS

   Xa que estamos estudando as paisaxes (os elementos que as forman, as características según sexan de montaña, de costa...), quixemos encher o cole de distintas paisaxes.

   Cada aula decorou a súa porta cunha paisaxe distinta. ¡Que chulas quedaron!


 

PROPOSTA de ACTIVIDADES para o PROXECTO

    A tabla das actividades foi elaborada a raíz das distintas propostas que fixeron os membros do grupo. Algunhas delas decidimos implicarnos todas as aulas para levalas a cabo e outras serán realizadas específicamente por algún grupo en concreto.

     Para ver as actividades pica en...

NO 1º TRIMESTRE...

Rotulamos o título do proxecto, montamos o kiosco, decoramos as portas da aula...

 


AS ÁRBORES, elementos da PAISAXE

En outubro de 2012

seleccionamos sementes

de castiñeiros e carballos

e as plantamos en botes.

    Algunhas sementes non prenderon ben, pero conseguimos 14 carballos e 5 castiñeiros.

Pouco a pouco foron medrandando. En novembro puxémonos en contacto co concello para

solicitar  un lugar onde plantalos.   O responsable de parques e  xardíns díxonos que tiñan

que  estar a  engordar  un ano  máis  antes  de  transplantalos;  por iso viñeron a buscalos

e  agora  están  no  invernadoiro  o  monte  do  Castro.  Neste  curso  iremos  algún  día  a

visitalos e para o próximo curso  plantarémolos  definitivamente nalgún  monte ou  parque

de Vigo.

 


COMO SE DEBUXA UNHA PAISAXE

Recollido en www.youtube.com/watch?v=7fdtxOTb6Hw, 


PAISAXES DE OUTONO


DOCE PAISAXES

           As paisaxes poden covertenos en grandes poetas.

                                                                

                                                                 Paisaxes, paisaxes ...

que bonitas sodes

cos vosos ríos e montañas,

coas vosas chairas e vales.

     Os ríos, auga relucente.

As montañas capa verde,

marrón, amarela...

Os vales, ¿onde estades?

Entre as montañas acurrucados.

     A min gostaríame

pechar os ollos,

volvelos a abrir e ver ...

TODAS AS PAISAXES XUNTAS.

 

Juan González, 3º curso de Primaria

 

  


MURAL DA ENTRADA

O mural da entrada anuncia o proxecto deste curso.

    Aroa, Paula e Laura, alumnas de 6º

    danlle o último retoque, e...

... listo. ¡Que chulo quedou!


REPARTO de FROITAS en maio

Na semana do 20 ó 24 de maio fixemos o 3º reparto de froita. Aquí deixamos dúas gráficas da froita que se consumiu e do alumnado participante, que foron todos os dos colexios.

Na aula de Plástica o alumnado de 3º curso de Primaria fixeron estas creacións fantásticas con froitas. ¡Que bonitas!A que dixen

 


Distribuir contido


by Dr. Radut