Skip to Content

Proxectos de traballo

proxectos de traballo que se realizan no centro ó longo do curso

RECONTO ÁRBORES da avda. CASTELAO

Despois de estudar as árbores

da avenida e facer distintos

traballos na aula, saímos

a contar cantas había

e fixemos esta gráfica

na aula de informática.

¡Era a nosa primeira gráfica!

 Picar no adxunto para ver gráfica das árbores

 

21 de marzo, DÍA da ÁRBORE

 


 

MIRA ONDE ESTOU

FOTOS DOS NENOS E NENAS NUNHA PAISAXE

Cada un aportou a súa foto e fixo unha pequena descripción do lugar onde estaba. Con todas as fotos creamos este mural. ¡Quedou chulísimo!


 

A PAISAXE É NOTICIA

No corredor do Atlántico temos un mural onde imos recollendo noticias sobre a paisaxe.


 

PAISAXES nas PORTAS das AULAS

   Xa que estamos estudando as paisaxes (os elementos que as forman, as características según sexan de montaña, de costa...), quixemos encher o cole de distintas paisaxes.

   Cada aula decorou a súa porta cunha paisaxe distinta. ¡Que chulas quedaron!


 

PROPOSTA de ACTIVIDADES para o PROXECTO

    A tabla das actividades foi elaborada a raíz das distintas propostas que fixeron os membros do grupo. Algunhas delas decidimos implicarnos todas as aulas para levalas a cabo e outras serán realizadas específicamente por algún grupo en concreto.

     Para ver as actividades pica en...

NO 1º TRIMESTRE...

Rotulamos o título do proxecto, montamos o kiosco, decoramos as portas da aula...

 


AS ÁRBORES, elementos da PAISAXE

En outubro de 2012

seleccionamos sementes

de castiñeiros e carballos

e as plantamos en botes.

    Algunhas sementes non prenderon ben, pero conseguimos 14 carballos e 5 castiñeiros.

Pouco a pouco foron medrandando. En novembro puxémonos en contacto co concello para

solicitar  un lugar onde plantalos.   O responsable de parques e  xardíns díxonos que tiñan

que  estar a  engordar  un ano  máis  antes  de  transplantalos;  por iso viñeron a buscalos

e  agora  están  no  invernadoiro  o  monte  do  Castro.  Neste  curso  iremos  algún  día  a

visitalos e para o próximo curso  plantarémolos  definitivamente nalgún  monte ou  parque

de Vigo.

 


COMO SE DEBUXA UNHA PAISAXE

Recollido en www.youtube.com/watch?v=7fdtxOTb6Hw, 


PAISAXES DE OUTONO


Distribuir contido


by Dr. Radut