Skip to Content

Proxectos de traballo

proxectos de traballo que se realizan no centro ó longo do curso

PROXECTO " CONSUM-ILLAS. CON - VIVO +"

Co este proxecto queremos potenciar no noso alumnado a educación para o consumo responsable, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado.

Consideramos que o consumo responsable é un compoñente fundamental para axudar o noso alumnado a empregar de forma responsable os recursos dispoñibles. 

 

MEMORIA PROXECTO "50 ANOS MOVÉNDONOS"

VER ADXUNTO 

 

TODOS E TODAS APRENDIMOS QUE...

Practicar deporte e facer exercicio é algo esencial para a nosa saúde, posto que ten numerosos beneficios:

  • Fortalece os músculos e os ósos
  •  Activa a circulación do sangue e é bo para o corazón.
  • Fortalece os músculos e os ósos
  • Mellora o funcionamente dos pulmóns.
  • Axuda a adquirir unha mellor postura.
  • Axuda a manter o peso adecuado.
  • Fainos resisitentes a todo tipo de enfermidades.
  • Axuda a durmir ben.
  • Axúdanos a relacionarnos cos demais.
  • Fai que nos encontremos mellor, máis activos e máis seguros.

SUBCAMPEONAS GALEGAS DE BALONCESTO BENJAMÍN FEMENINO

Nerea Fernández de 3º curso, e  Naiara Díaz e Marta Vázquez de 4º curso de primaria xogan no equipo de baloncesto benjamín

Seis do Nadal. Chegaron ó cole todas contentas porque quedaran subcampeonas de Galicia. 

LISTOS, PREPARADOS, XA...¡ A CORRER!

E seguimos movéndonos. Gran cantidade de alumnos e alumnas do centro participaron na maratón de Coia.

O CEIP Illas Cíes proclamouse o gañador absoluto tras o cómputo global dos resultados de todas as carreiras.

 

 

Mirar con que decisión e seguridade corre Ikram Pousa Pan, alumna de 1º de Primaria do noso centro.

 

 

ENCONTRO CON EQUIPOS DEPORTIVOS

¡Que sorte tivemos!

Mirade  cantos equipos deportivos compartiron con nós o súa experiencia deportiva. Foi a ANPA do cole quen fixo posible estos encontros.

Explicáronos en que consistía o seu deporte, organizáronos xogos... Isto de compartir xogo cos grandes deportistas foi un luxo.

O Club Deportivo AMFIV ten como obxectivo

conseguir unha rápida e eficaz integración social das

persoas con algunha deficiencia física.

Entende o deporte como un medio para desenvolver

ó máximo o potencial físico, creativo e intelectual de

cada deportista para o seu propio enriquecemento.

   
   

 O  C. Bm. Seis do Nadal – Coia é un club

de formación que basao seu proxecto no

ámbito educativo. Os alumnos e as escolas

de Coia así como as súas instalacións son

os pilares fundamentáis do seu traballo.

TAMÉN CUMPREN 50 ANOS

 

 Tamén cumpren 50 anos

FESTIVAL 50 ANIVERSARIO

ENTREVISTA A MARCO, ex-alumno do cole

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º tivemos a sorte de entrevistar a Marco.

Marco estudou no noso cole hai 50 anos. Contounos moitas cousas, pero as que máis graza nos fixo foi o de que:

No recreo os nenos e as nenas xoganban xuntos, pero estaban en clases diferentes. O patio non estaba pechado e cando xogaban ó fútbol lles escapaba o balón polos campos dos veciños.

Cerca da portería había unha vaca pastando e cando tiraban a gol, se o balón tropezaba na vaca sempre había disputa: era gol ou valía a parada da vaca?.

Un día aterrizou unha avioneta nun campo que estaba un pouco lonxe do cole e os nenos e nenas, desobedecendo os           profes marcharon campo a través para ver a avioneta. Os profes non lles quedou máis remedio que seguir os alumnos e alumnas, e contemplaron todos xuntos a avioneta.

 

 
   

MOVÉMONOS POLA NOSA SAÚDE

Practicamos un deporte, xogamos, bailamos, esforzámonos nas clases de Educación Física e...

 

¡¡¡SENTÍMONOS MELLOR!!!

 
 
   
   
Distribuir contido


by Dr. Radut