Skip to Content

BIBLIOTECA DOS MIL MUNDOS

 

A biblioteca escolar de centro é un recurso vital para a práctica educativa, a innovación pedagóxica e para a formación do alumnado nunha sociedade da información, que demanda adquisición de destrezas de busca de información e construción crítIca de coñecemento a través da consulta de distintas fontes de información.

Coa finalidade de facer día a día deste obxectivo unha realidade, o noso centro leva participando ininterrumpidamente dende o curso académico 2006/07 no PLAN DE MELLORA DE PIBLIOTECAS ESCOLARES da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (PLAMBE-2).

O equipo de da biblioteca está composto na actualidade de cinco docentes do centro, encargados de organizar o día a día da xesión da biblioteca, a realización de actividades de animación á lectura así coma a formación de usuarios.

A biblioteca fai tamén empréstimos ás familias do alumnado e conta cunha sección específica para nais e pais. O horario de apertura polas tardes (para alumnado e familias) é de 16:00 a 17 hs os luns, mércores, xoves e venres.

Podedes contactar con nós no correo: bibliotecaceipillascies@gmail.com



book | by Dr. Radut