Skip to Content

Experimentamos cos mofos

Comezamos o curso aprendendo moito sobre a parte máis pequena dos seres vivos que ten vida propia: a célula. As células non se poden ver a simple vista, polo que utilizamos o microscopio para ver distintos tipos de células e materiais.

 

Interesámonos moito polos tipos de fungos: os fungos con cogomelos, os fermentos e os mofos. Por iso, decidimos ver en primeira persoa como crecía o mofo. Os mofos viven sobre restos de seres vivos e sobre a materia en descomposición, como por exemplo, a froita estragada.

Así que nos puxemos mans a obra e o 24 de setembro colocamos un pexego que comezaba a estragarse ó lado de pan húmido e o tapamos. Ó día seguinte o mofo xa estaba así:

Despois de toda a fin de semana estábamos intrigadísimos co noso mofo. Fixemos hipóteses imaxinando cómo estaría a froita e o luns 28 de setembro estaba así:

 

O pan seguía intacto, pero o mofo crecera moitísimo. Algún mosquito da froita axexaba.

O martes 29 por fin colonizou o pan:

 

O mércores 30 volvemos a comprobar o noso experimento e o mofo estaba así:

Despois de que algún compañeiro (ou compañeira) suxerira con pouca fortuna adoptalo e facelo a mascota de clase, decidimos abrilo en canal e observalo no microscopio:

 

 

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que o pasamos moi ben. Tamén aprendemos que non se debe cortar a parte estropeada da froita para comela. Deixámosvos un artigo moi interesante sobre o tema:

 

Seguiremos investigando.

 



page | by Dr. Radut