Semana das Letras Galegas
No cole sempre celebramos o Día das Letras Galegas e este ano teremos que facer unha laboriosa búsqueda para saber a quen dedica a Real Academia Galega esta data.
A celebración sempre se fai o 17 de maio pero, debido as presentes circunstancias (COVID 19), trasladarase a outubro.
TAREFA 24: INVESTIGANDO A NOSA TERRA
Para descubrir máis, segue as seguintes instruccións e apunta os datos:
1. INVESTIGA porque se celebra o día das letras galegas o 17 de maio.
Se pinchades neste enlace podedes atopar información:
http://seminariogalan.org/inicio/dia
2. ENCONTRA E APUNTA o nome do homenaxeado deste ano (2020).
3. ATOPA algúns autores e autoras que foran homenaxeados otros anos.
Polo menos, escribe:
-Tres nomes femininos e tres maculinos.
- Os seus lugares de nacemento.
- As datas dos homenaxes.
4. REALIZA unha liña do tempo cos anteriores autores/as.
5. SITÚA NUN MAPA de Galicia o lugar de nacemento dos anteriores autores/as. O podes debuxar.
TAREFA 25: BIOGRAFÍA
Agora que xa sabes quen é o autor homenaxeado deste ano…
1.LE ATENTAMENTE o documento adxunto.
2.REALIZA un resumo ou un esquema cos datos máis importantes.
Pode ser a ordenador ou escrito a man.
3. SINALA NO MAPA DE ESPAÑA os lugares onde viviu o autor.
-Debuxa o mapa de España (se tes impresora, podes imprimir).
-Localiza os lugares onde viviu cun punto.
-Une os puntiños facendo o “camino” percorrido na súa vida.
TAREFA 26: DESEÑO DUN CARTEL PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Demostra a túa parte artística e creativa cun precioso cartel.
TAREFA 27: PRODUTO FINAL
Xa sodes todos e todas uns expertos da literatura da nosa terriña…
ATENTOS e ATENTAS porque crearemos un produto final: un telexornal!! Para iso terás que:
1.BUSCA o teu nome no documento adxunto e lido anteriormente.
2.LEE o anaco que ten o teu nome. Deberás ler o parágrafo completo (vai por cores).
3. PRACTICA a lectura.
4. GRÁVATE lendo o apartado correspondente.
Para qué? Pois xuntaremos todos os anacos e realizaremos un TELEXORNAL.
Somos un puzle e todas as nosas pezas son importantes. Por iso, é imprescindible que recibamos o voso vídeo, sempre que queirades participar.
A data máxima de entrega do vídeo
é o xoves 14.
ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN:
http://seminariogalan.org/2020/ACT_5_ED_PRIMARIA.pdf
Adxunto | Tamaño |
---|---|
BIOGRAFÍA. TELEXORNAL..pdf | 640.95 KB |