TELÉFONO 881 93 81 01

CEIP O Marbán

O noso centro cambia de nome. De agora en diante será CEIP O Marbán, pois existe unha lenda, de tradición oral, que hai moitos anos, tivo lugar a batalla das Cen Doncelas, na que un noble francés, Sumaças, conseguiu vencer coas súas tropas aos musulmáns; o que motivou aos Reis de España a outorgarlle o territorio que hoxe leva o seu nome. 

Ao parecer, ás Cen Doncelas eran levadas aos haréns moros. Estas mulleres eran cautivadas nos lugares do municipio e levadas á Casa Grande de As Enchousas. Logo eran embarcadas con destino a África. Os barcos que as levaban podían ser vistos desde o monte máis alto do municipio, desde o que se contempla o mar. Alí acudían os lugareños para despedir ás doncelas exclamando "polo mar van", frase que máis tarde daría nome ao lugar de Marbán.  

 

 

 

CONTACONTOS "E A TI... QUE CHE CONTABAN?" DE VERO RILO.

O pasado xoves, recibimos a visita de Vero Rilo, que nos contou diferentes contos co seu espectáculo "E a ti... que che contaban?".

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024-2025

Estimadas familias,

Xa está publicada a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar; a Orde do 7 de maio de 2024. Aquí está o enlace.

DESTINATARIOS:

Alumnado de 1º e 2º de EP: axudas para a adquisición de libros de texto e de material escolar

Alumnado de 3º a 6º de EP: fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: ATA O 21 DE XUÑO

Aquí deixo a solicitude e o anexo II da orde que debedes cubrir.

ANEXO I e II

 

As solicitudes presentaranse, preferiblemente, por vía telemática nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Unha vez cubertos todos os datos debedes gardar a solicitude e, posteriormente, podedes optar polas seguintes formas de presentación:

- a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

- presentala no centro.

Calquera dúbida aquí estou. Saúdos,

A Directora.

 

KIMOKAP

Fai uns días ofrecéronnos participar neste proxecto solidario, que confecciona gorros e bandanas para regalar aos nenos e ás nenas oncolóxicos. Por iso, no cole participamos facendo tarxetas que acompañarán estes gorros e bandanas.

Anímamosvos a que botedes un vistazo ao gran traballo que fan no día a día e tamén para coñecer como podemos participar de maneira sinxela.

Para máis información podedes visitar o seu facebook ou tamén o seguinte enlace: http://kimo-kap.blogspot.com/

As nosas tarxetas xa saíron para o seu destino. Agardamos que vos gusten e que vos dean moita forza e ánimo, familias!

LUISA VILLALTA E O VIOLINO DE VENTO

Co motivo da conmemoración do Día las Letras Galegas, tivemos a oportunidade de disfrutar dun contacontos sobre a autora homenaxeada, Luísa Villalta. 

OS MAIOS

O pasado 8 de maio, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria acudimos á celebración da festa dos Maios no Centro Cívico. Alí axudamos a preparar as plantas e flores que precisábamos para elaborar o Maio e facer a alfombra floral. Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

ACTUACIÓN MARTA ORTIZ

Os nenos de Educación Infantil tivemos a sorte de ver a actuación de Marta Ortiz: "Casa, casiña, casona".

Por iso fomos ao Centro Cívico e xunto, cos nenos e nenas da Casa Niño, disfrutamos do seu espectáculo, no que tivemos a oportunidade de bailar e cantar, grandes e pequenos.

Queremos agradecer ao Concello por esta invitación.

MOITAS GRAZAS! 

                      

 

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias, logo da autorización da Xefatura Territorial, comunícovos que o día 20 de Maio, non hai colexio, pois tal e como establece a Orde de calendario escolar (Orde do 3 de maio de 2023 - DOG 16 de maio de 2023), foi un dos escollidos polo centro como non lectivo.

Saúdos,

A directora.

 

ENCONTRO INTERXERACIONAL ARREDOR DO XOGO POPULAR

Desde o Museo Etnográfico de A Capela cheganos esta información. 

                 

Distribuir contido