Skip to Content

Calendario Escolar Curso 21/22

A continuación publicamos o calendario escolar para este curso 2021/2022. Ademais dos días non lectivos sinalados temos que engadir os dous días non lectivos a maiores para os centros educativos ubicados no Concello de Cee: o 7 de Decembro do 2021 e o 16 de Xuño de 2022 (Día de S. Adrián).

Plan de Adaptación Covid-19 Curso 21/22

A continuación publicamos os diferentes documentos relacionados coa organización e adaptación do noso centro á situaciónda Covid 19 para este curso 21/22, tomando como referente o Protocolo de Adaptación publicado pola Consellería de Educación.

Letras Galegas 2021: Xela Arias

O Día das Letras Galegas, 17 de Maio de 2021 está adicado á escritora e tradutora Xela Arias. Para coñecer a súa vida e obra propoñémosvos este VÍDEO EXPLICATIVO: Vida e obra de Xela Arias Castaño.

 

A continuación no seguinte enlace atoparedes actividades lúdicas adaptadas ao noso alumnado: Fai click AQUÍ.

 

Dependencias da escola

Álbum: Sen categoría -> Dependencias

A nosa escola

O C.E.I.P A IGREXA-BRENS conta con dúas aulas independientes: unha aula mixta de E. Infantil e unha aula mixta de E. Primaria (1º e 2º de E.P). Ámbalas dúas aulas teñen aseo no seu interior. 

Conta cun patio exterior con parque infantil, acceso á Biblioteca-Aula de Teleformación, Polideportivo e Salón de Actos da Casa de Cultura. 

 Ver fotos

Organigrama do centro

Ao tratarse dun colexio de menos de 3 unidades todos os cargos do equipo directivo (dirección, secretaría e xefatura de estudos) recaen nunha soa persoa denominada responsable do centro.

A Responsable do centro actualmente é : María R. Fernández Santiago.

O Claustro consta de 2 profesoras con praza neste centro:

- Alves Senra, María del Pilar (Titora Educación Primaria)

- Fernández Santiago, María R. (Titora Educación Infantil)

Imparten docencia neste colexio outras profesoras itinerantes con base noutros centros

- Pérez Martín, Silvia (Mestra en Lingua Estranxeira con base no CEIP Areouta de Sardiñeiro)

- Fernández Conchas, Mª Carmen (Mestra Relixión Católica con base no CEIP Praia de Quenxe de Corcubión)

A Orientadora do centro é: Curbelo Fariña, Natalia Carolina compartida co CEIP Eugenio López (Cee)

O Consello Escolar está formado por:

- Representante do Concello de Cee: Villar Agulleiro, Rubén

- Representante de pais/nais: Trillo Quintela, Bárbara

- Representante do colexio: Fernández Santiago, María R.

 

 

Información de matrícula

Podes ver a información de matrícula no ficheiro que adxuntamos. 

VER DOCUJMENTO

Distribuir contido


by Dr. Radut