Skip to Content

---------------------------------------------
ANUNCIOS-SECRETARÍA

Magosto 2016

Outro ano máis o pasamos en grande coas castañas e os choripanes!!

Graciñas polas vosas aportacións!!

PUMPKIN!

AVISO A FAMILIAS

Lembrade que facemos ponte e que as clases comezarán de novo o mércores 2 de novembro. Que disfrutedes destes días!

XA TEMOS ABERTA A BIBLIOTECA NAS TARDIÑAS!!

Co motivo do Día das Bibliotecas Escolares, no cole fixemos oficial a apertura da Biblioteca (lembrade que polas tardes, de 16:00 a 17:00 horas de luns a xoves).

Fixemos unha actividade moi divertida, de descubrimento e creación, atendendo tamén ao noso PDI deste ano "Oído cociña". En breve veredes todo o proceso no blogue da biblioteca. Esperamos atoparvos por ela!

@S NEN@S SALVAN VIDAS

Moitísimas gracias á Escola de Enfermería por vir a darnos unha clase para a realización da RCP.

(Máis información no blogue da Biblioteca)

Banda Escola de Música da UVCD de Candeán

A comezos do curso tivemos a sorte de contar coa Banda de Música de Candeán, que nos agasallou cun pequeno concerto do que tod@s difrutaron. No cole de seguro que temos futur@s músic@s... Animádevos a participar na súa escola!

ANPA

Familias: Lembrade que mañá, 28 de setembro, tendes ASAMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS no ximnasio do colexio ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda. É moi bo momento para resolver todas aquelas dúbidas que teñades.

REUNIÓN DE FAMILIAS

Como cada curso, faremos unha REUNIÓN XERAL DE BENVIDA o vindeiro MARTES 4 DE OUTUBRO ás 16.15 no ximnasio. Tras esta, as familias reuniranse co respectivo titor/a na aula para aclarar dúbidas e para obter unha información máis precisa sobre certos temas de interese.

Agardámosvos!

Distribuir contido


by Dr. Radut