LIGAZÓNS

Horario

HORARIO APROXIMADO TRANSPORTE ESCOLAR

Recollida nas paradas de transporte escolar

 

RECOLLIDA NAS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

  • ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º, 2º, 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA.
  • O alumnado transportado deberá ser recollido nas paradas polas persoas responsables, os cales comunicarán ao centro educativo os seus teléfonos de contacto.
  • Poderase autorizar a outros adultos ou irmáns maiores entregando nos centros as correspondentes autorizacións expresas para o efecto.
  • Os autobuses esperarán nas paradas o tempo necesario para asegurar a recollida dos escolares, que, en todo caso non excederá de 5 minutos. Transcorrido ese tempo continuarán co seu itinerario levando consigo ao alumnado non recollido ata as dependencias da empresa de transportes, onde permanecerán custodiados ata a hora de peche, momento no que poderán ser levados ás dependencias da Policia Local ou da Garda Civil para traspasarlles a custodia dos/as menores.
  •  A reiteración destas dúas últimas circunstancias en máis de 4 ocasións poderá dar lugar, tralo oportuno análise das circunstancias familiares concorrentes, á revisión do medio de saída do centro e/ou o medio de recollida nas paradas escollido para os escolares.
  • ALUMNADO DE 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
  • Os escolares poderán baixar sós nas paradas de transporte escolar sempre cas persoas responsables presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.

 AUTORIZACIÓN ALUMNADO DE 5º E 6º

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer