Skip to Content

Actividades Complementarias

Xogos de despedida curso 2020-2021

O persoal do centro quere agradecer a todo o alumnado o esforzo feito neste curso. 

O día 18 de xuño, en colaboración coa ANPA , teremos un día de xogos no patio do colexio (se o tempo acompaña). no que participará todo o alumnado dende Infantil ata Primaria.

Dsscargar cartel: Imaxe - PDF

* Cartel elaborado pola ANPA.

Podedes ver nos documentos adxuntos a listaxe dos xogos que se van a desenvolver.

 

Para os amantes do Xadrez - Torneo gratuíto (Programa Xogade da Xunta)

Bo día.

Queremos invitarvos a un torneo de xadrez gratuíto que se celebrará en liña.

Organiza Alberto, presidente do Club Escola Ames Xadrez.

O torneo será o luns 21 de xuño de 21:00 a 22:00 a través da páxina web Lichess.

A inscrición será no teléfono 633447674 (preferentemente por whatsapp) ata o 17 de xuño.

8M Día da Muller 2021

Durante os días previos ao 8 de marzo fixemos diferentes traballos relacionados co Día da Muller. Puxemos na nosa Galería Imaxes algúns dos traballos feitos.

Ver imaxes do Día da Muller

Queremos agradecer á ANPA A Rabadela a súa colaboración e lembrarvos que a Galería actualízase constantemente con novas imaxes. Non deixedes de visitala!

Dia 8 de marzo 2021 - Día Internacional da Muller.

Dende o CEIP A IGREXA CALO, en colaboración coa ANPA imos celebrar o 8 de marzo (Día Internacional da Muller) cunha serie de traballos.

  • Faremos un mural onde se amosen contidos variados que reflicten o importante papel da muller na sociedade actual en tódolos ámbitos.
  • Por otro lado, dende a casa, podedes mandar un traballo para expoñer na entrada do colexio. A data límite é o 4 de marzo.

Animámosvos a que mandedes os vosos traballos dende a casa. Aquí tendes as bases para facelo. Podedes participar dende tódalas idades e en diferentes formatos.

BASES PARA ENVIAR OS TRABALLOS - Exposición

Con esta proposta, queremos amosar dúas vertentes do papel da muller, unha “visible” e outra “invisible”.

Felices Festas de Nadal 2020.

DESEXÁMOSVOS O MELLOR PARA O 2021

#sentidiño

Pulsa na imaxe para ver a postal

Día internacional da Infancia - Actividades da biblioteca

O 20 de novembro conmemoramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia 
 
                                          Neste enlace recóllense os dereitos da infancia                                       
 Actividades e recursos on line:
 
 
 
 

Charla sobre igualdade - Federación de ANPAS Compostela.

A Federación de ANPAS de Compostela vai realizar unhas charlas sobre igualdade con motivo da celebración do Día Internacional da Violencia de Xénero (25 de novembro).

Este ano, dadas as circunstancias, as charlas serán en liña, e debedes apuntarvos previamente. Estas son as ligazóns para apuntarse.

Enquisa para infantil (confirmade asistencia antes do mércores 18 ás 20h):
https://i.gal/charla_infantil

Enquisa para primaria confirmade asistencia antes do xoves 26 ás 20h):
https://i.gal/charla_primaria

Datas:
A charla de infantil será o día 19 de novembro ás 20h e a de primaria será o 27 de novembro ás 20h.

Podedes ampliar información e consultar dúbidas na ANPA A Rabadela.

Contos e lecturas da biblioteca (10 novebro 2020)

Lectura de "El monstruo" por su autor, Daniel Martín

Cuento corto para niños Una feliz catástrofe

Cuento: ROSA CARAMELO

 

EL LIBRO DE LOS CERDOS - Cuento infantil animado - Los cuentos de Nico

25 N Día Contra a Violencia de Xénero

EDUCANDO EN IGUALDADE  LOITAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO


O Equipo de Biblioteca  seleccionou unha serie de recursos co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero.

Infantil, El monstruo



Primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria Contos coeducativos: Bonobos con gafas, El libro de los cerdos, Una feliz catástrofe, Arturo y Clementina, Rosa caramelo... estes contos en formato video .

Quinto e sexto de primaria  Historia de Carlos e Lucía  

https://drive.google.com/file/d/0B-dzfXgHabhkMjV6STFwWndDeGc/edit

Proposta do Departamento de Orientación :



https://colectivofeministahuesca.com/2018/12/10/150-canciones-para-trabajar-la-prevencion-de-la-violencia-de-genero/

Ademais o Equipo de Biblioteca seleccionará unha serie de libros que quedarán expostos no primeiro andar. Quen quera utilizalos deberá avisar para realizar o  rexistro. Grazas!

Poesías Divertidas - Samaín

Dende o Equipo de Biblioteca, elaboraron este video de Poesías Divertidas.

Pulsa sobre a imaxe para acceder ao video

Distribuir contido


by Dr. Radut