Skip to Content

Comedor

COME LOCAL

 

 

Participamos na campaña COME LOCAL. Esta iniciativa aporta a este centro productos galegos con certificados denominación de orixe, ecolóxicos e de proximidade (IXP,DOP) para que os nenos e nenas os poidan coñecer e degustar no comedor escolar e incluílos no menú escolar. Contaremos con nutricionista e asesoramento de Slow Food Compostela.

PRATOS DO MENÚ

PROGRAMACIÓN E PROTOCOLO DE COMEDOR ESCOLAR

                           PROGRAMACIÓN COMEDOR                       PROTOCOLO COMEDOR

                                                         

 O Equipo Directivo

PAGO DO COMEDOR POR ESPAZO ABALAR

 

GUÍA PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR 

Para evitar o envío de documentación en papel e desprazamentos innecesarios ao centro, informamos que pode recibir o impreso de pago de comedor e realizar o seu pago a través de espazoAbalar.

Solicita no centro a alta para o pago telemático ou por correo electrónico  ceip.igrexa.calo@edu.xunta.gal

Pode acceder con certificado dixital no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.es/abalar/

Unha vez dentro atopará os impresos e unha ligazón para facer o pago en:

Servizos complementarios > comedor

IMPORTANTE: Se paga a través do propio portal, non é preciso que mande xustificante de pago ao centro. Se imprime o impreso e realiza o pago nunha entidade, é necesario que nos envíe o xustificante de pago.

 

INFORMACIÓN A TER EN CONTA:

  • O pago do comedor ou a descarga do impreso faise dende o espazoAbalar no enderezo indicado anteriormente. En ningún momento se debe facer dende a app Abalar (abalarMóbil) dende o móbil, pois non da esa opción.
  • Pode acceder con certificado ou con Chave 365. Os datos de acceso que pide son os da Chave 365. Non debe usar en ningún momento o contrasinal de abalarMóbil.
  • Se paga dende espazoAbalar mediante CIXTEC, xa se nos notifica ao centro o pago, polo que non ten que facer nada máis. En calquer outro tipo de pago debe mandar xustificante ao centro, preferiblemente por email.
  • Se o pagador que lle aparece en CIXTEC non é o correcto, contacte co centro.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O USO DO COMEDOR

 

Contamos no noso centro con un comedor que da servizo a 286 prazas para o alumnado.

O uso do comedor implica unha serie de condicións e obrigas recollidas na INSTRUCIÓN 2/2023, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL  E UNIVERSIDADES,  DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2023-2024 

Comunicación de NON USO do servizo de comedor.

Se por calquer circunstancia, un dos días non se vai usar o comedor, incluso aínda que teña dereito á gratuidade total do servizo de comedor, debe avisar da ausencia antes das 9:45 do día que non vaia a facer uso do comedor. Pode avisar dos seguintes xeitos:

  • En conserxería, cubrindo o formulario dispoñible. Formularios e Impresos.
  • Por email: Asunto: COMEDOR. Enviando  cuberto o formulario de non uso do comedor ou escribindo no mail o nome e DNI da persoa responsable do alumno/a, e o nome do alumno/a que non van facer uso do servizo.

Perda do uso do dereito ao comedor:

  • Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.
  • Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, poderán ser suspendidos pola Dirección do dereito ao uso do servizo durante 10 días.

 

NORMATIVA COMEDORES ESCOLARES:

DECRETO 132/2013, de 1 de agosto, por el que se regulan los comedores escolares de los centros docentes públicos no universitarios dependientes de la consellería con competencias en materia de educación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut