Skip to Content

NOVAS E AVISOS!

REUNIÓN INICIO DE CURSO 4º B

REUNIÓN INICIO DE CURSO 4º B

PAGO DO COMEDOR POR ESPAZO ABALAR

 

GUÍA PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR 

Para evitar o envío de documentación en papel e desprazamentos innecesarios ao centro, informamos que pode recibir o impreso de pago de comedor e realizar o seu pago a través de espazoAbalar.

Solicita no centro a alta para o pago telemático ou por correo electrónico  ceip.igrexa.calo@edu.xunta.gal

Pode acceder con certificado dixital no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.es/abalar/

Unha vez dentro atopará os impresos e unha ligazón para facer o pago en:

Servizos complementarios > comedor

IMPORTANTE: Se paga a través do propio portal, non é preciso que mande xustificante de pago ao centro. Se imprime o impreso e realiza o pago nunha entidade, é necesario que nos envíe o xustificante de pago.

 

INFORMACIÓN A TER EN CONTA:

  • O pago do comedor ou a descarga do impreso faise dende o espazoAbalar no enderezo indicado anteriormente. En ningún momento se debe facer dende a app Abalar (abalarMóbil) dende o móbil, pois non da esa opción.
  • Pode acceder con certificado ou con Chave 365. Os datos de acceso que pide son os da Chave 365. Non debe usar en ningún momento o contrasinal de abalarMóbil.
  • Se paga dende espazoAbalar mediante CIXTEC, xa se nos notifica ao centro o pago, polo que non ten que facer nada máis. En calquer outro tipo de pago debe mandar xustificante ao centro, preferiblemente por email.
  • Se o pagador que lle aparece en CIXTEC non é o correcto, contacte co centro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut