Skip to Content

Novas e avisos.

Publicación lista provisional Curso 2021-2022

Desde hoxe está publicada a LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

Para facilitar a información ás familias nesta situación de Alerta Sanitaria por COVID19, e tratando de evitar desprazamentos non necesarios, querémosvos trasladar os seguintes datos para a vosa información

Do 26 ao 30 de abril é o periodo de reclamacións ás listas provisionais.

  • 4º de Infantil. A totalidade de solicitudes presentadas foron admitidas. Non houbo ninguén que solicitase admisión para 4º EI que non obtivese praza.
  • 5º de Infantil. Tódalas solicitudes presentadas obtiveron praza.
  • 1º de Primaria. Tódalas solicitudes presentadas obtiveron praza.
  • 3º de Primaria. Tódalas solicitudes presentadas obtiveron praza.
  • 4º de Primaria. Presentouse 1 solicitude pero non había vacantes, polo que non obtén praza.
  • 6º de Primaria. Tódalas solicitudes presentadas obtiveron praza.

Reclamación no erro dos pagos telemáticos do comedor.

Prezadas familias.

Como sabedes, producíronse algúns erros nos pagos telemáticos de comedor.

Dende o centro sguimos insistindo en que usedes este sistema, que é o máis cómodo e efectivo.

Se no momento do pago se vos cobrou de máis, este é o procedemento que debedes seguir para reclamar:

1.- Reclamar a través da Sede electrónica da Xunta, usando un formulario xenérico PR004A e dirixindo a relamacióná ná Xefatura Territorial de A Coruña da Consellería de Educación. Tamén podedes facer a reclamación por rexistro ordinario (non electrónico)

2.- Cando reciban a reclamación, comedores porase ne contacto co centro para que procedamos á devolución.

3.- A devolución farase compensando o cobrado de máis nos pagos dos seguintes meses.

Calquer dúbida estamos á vosa disposición no cenrto para aclararla.

 

Sentir Teo no Camiño

 

“Mulleres que todo o facían cun sorriso nos beizos, mulleres que

traballaban de sol a sol nas eiras, sementando e recollendo os froitos

da terra, cruzando os montes neses chuviosos días de inverno,

lavando roupa á beira do río, camiñando pola lama coa pesada

carga ó lombo entre a brétema e o frío que chegaba ata ós osos,

cociñando ricas comidas co pouco que tiñan... “

Fonte descoñecida.


Foto do Arquivo Municipal de Teo.

Calendario de admisión Curso 2021-2022

Circular piollos 2020-2021

Como cada ano que se prece, non podían faltar os tan pouco desexados inquilinos na cabeza das nosas nenas e nenos.

Revisade as cabezas.

Como actuar ante a presenza de piollos

Día do Libro 2021 - I Concurso Literario.

Con motivo da celebración do Día do Libro 2021 (23 de abril), a ANPA a Rabadela, en colaboración co CEIP A Igrexa-Calo, crea o  I CONCURSO DE EXPRESIÓN LITERARIA DA ANPA A RABADELA.

Pulsa en "Leer máis" para acceder á información completa...

8M Día da Muller 2021

Durante os días previos ao 8 de marzo fixemos diferentes traballos relacionados co Día da Muller. Puxemos na nosa Galería Imaxes algúns dos traballos feitos.

Ver imaxes do Día da Muller

Queremos agradecer á ANPA A Rabadela a súa colaboración e lembrarvos que a Galería actualízase constantemente con novas imaxes. Non deixedes de visitala!

Proceso de ADMISIÓN: aberto o plazo de solicitude de admisión para o curso 2021-2022

Aberto o prazo do 1 ao 22 de MARZO
No centro atenderémola/o en horario de
9:30 a 13:30 horas

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

A) Na aplicación de admisión de alumnado:

No enderezo: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • Cubrindo a solicitude na aplicación e entregandoa no centro asinada.
  • Cubrindo a solicitude na aplicación e entregandoa en Sede Electrónica.

ou

B) No centro entregando o formulario de solicitude cuberto.

ANEXO II - SOLICITUDE DE ADMISIÓN (Galego)

ANEXO II - SOLICITUDE DE ADMISIÓN (Castelán)

A SOLICITUDE DEBE VIR ASINADA POR ÁMBOLOS PROXENITORES (TAMÉN EN CASO DE DIVORCIO OU SEPARACIÓN).

Debe presentar a seguinte documentación xunto co formulario de solicitude:

  • Presentar DNI dos proxenitores ou titores/as e do neno/a (se o ten) e Libro de familia
  • Se é unha praza para alumnado de NEAE, achegarase documentación.

IMPORTANTE: A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser copia cotexada ou traer o orixinal.

NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

En cumprimento da normativa do proceso de admisión, informamos a tódalas familias:

1º.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º-. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º.- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

4º.- O criterio específico establecido polo centro para o baremo é "solicitar en primeiro lugar un centro de ensino público" (Aprobado en Consello Escolar o 19 de marzo do 2013)

Vacantes curso 2021-2022

Publicamos as vacantes dispoñibles para o vindeiro curso 2021-2022.

Dia 8 de marzo 2021 - Día Internacional da Muller.

Dende o CEIP A IGREXA CALO, en colaboración coa ANPA imos celebrar o 8 de marzo (Día Internacional da Muller) cunha serie de traballos.

  • Faremos un mural onde se amosen contidos variados que reflicten o importante papel da muller na sociedade actual en tódolos ámbitos.
  • Por otro lado, dende a casa, podedes mandar un traballo para expoñer na entrada do colexio. A data límite é o 4 de marzo.

Animámosvos a que mandedes os vosos traballos dende a casa. Aquí tendes as bases para facelo. Podedes participar dende tódalas idades e en diferentes formatos.

BASES PARA ENVIAR OS TRABALLOS - Exposición

Con esta proposta, queremos amosar dúas vertentes do papel da muller, unha “visible” e outra “invisible”.

Distribuir contido


by Dr. Radut