Skip to Content

INFORMACIÓN DESTACADA

Dende o 30 de xullo ata o 31 de agosto o centro permanecerá pechado.
Iniciamos a actividade o 1 de setembro.
A recollida dos vales do fondo libros poderá facerse en setembro.
Calendario Escolar

FONDO LIBROS

Listaxes DEFINITIVAS e recollida de vales - MÁIS INFORMACIÓN.

COLABORADORES/AS COMEDOR ESCOLAR

Apertura do prazo para solicitar ser colaboradores/as no comedor escolar.

Do 22 ao 11 de setembro

Para recibir avisos e notificacións do colexio debes instalar abalarMóbil

Alumnado de 4º visita o Instituto Galego de Consumo

Máis fotos aquí

Día do libro

Como en anos pasados, celebramos o día do libro cunha actividade de lectura por parellas.

Podedes ver na galería como nun estupendo día soleado desfrutamos cun libro.

Máis fotos aquí

Felices Festas

Teo EN NEGRO

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

Isto é  orixe de que esteamos a traballar en rede contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. 

Todas e todos en negro, contra a violencia.

 

 

Charla no colexio de Calo

 

 

Semana contra a violencia de xénero

 25 de novembro 

Día Internacional  Contra a Violencia de Xénero.

 

Na semana do 20 ao 24 deste mes,realizaranse varias actividades no noso centro para loitar contra a violencia de xénero, destacando a actuación  do grupo musical Máis boas cas patacas integrado por varias exalumnas deste colexio.

Este grupo foi o gañador do primeiro premio na categoría xuvenil do II Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar, organizado pola área de cultura da deputación da Coruña.

O próximo mércores actuarán para as nenas e nenos de primaria  cantando "Son muller", canción coa que  reivindican a igualdade de xénero.

Aquí podedes ver o seu videoclip

https://youtu.be/bEImchSbDdQ

Convivencias deportivas na Ramallosa

O venres 27 de outubro as nenas e nenos de 6º de Primaria reuníronse cos compañeiros dos Tilos e da Ramallosa nas convivencias deportivas .

Aquí podedes ver as fotos da xornada no colexio da Ramallosa.

SAMAÍN 2017

 

 

Mañá 31 de outubro celebraremos o Samaín.Os nenos e nenas poden vir disfrazados e traer cabazas adornadas (co seu nome  e unha candea ou unha pila dentro).

As familias estades invitadas a ver a exposición de cabazas  entre as 9:45 e as 10:00.

Desexamos que vos gusten e agradecemos sinceramente a  vosa colaboración.

Podedes ver aquí as fotos da festa

Excursión das nenas e nenos de 1º

 

Para ver o resto das fotos clicar aquí

O alumnado de 1º de Primaria pasou un divertido día na Coruña

EXCURSIÓN A MUROS DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Excursión  dos nenos e nenas de 3º e 4º á fermosa vila de Muros . Volta polo centro histórico  e visita guiada aos petroglifos. Á tarde,  xogos e baño na de praia de San Francisco.

Todas as fotos aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut