Skip to Content

BAILE ENTROIDO

O entroido foi entrando nas aulas pouco a pouco,

contaxiando de espíritu festeiro a todas as nenas e nenos.

 

E chegou o gran día!!

O 21 de Febreiro festexamos o entroido

xunto coas compañeiras e compañeiros de primaria

e con todas as familias convidadas.

Un Entroido con fondo ecoloxista, no que dende infantil

participamos defendendo o coidado dos animais e a natureza.

Así de guapas e guapos lucimos ...

 E así de ben bailamos a canción

¨A mi los animales me importan y la naturaleza también¨

Parabéns chicas e chicos!!!

O fixechedes moooi ben!!!

RECEITAS DE ENTROIDO

Durante a semana do entroido as nenas e nenos

elaboraron receitas xunto coas súas familias.

E non pensedes que só nos trouxeron a receita , que xa era un gran traballo!!!

Algúns ata nos trouxeron as súas elaboracións para compartir.

Estaba todo boísiiimo!

Sodes grandes cociñeiras e cociñeiros.

Tamén as nenas e nenos de primaria cociñaron un montón

e sempre se acordaron de vir a convidarnos.

Moitíiisimas grazas!!!

 

Segunda xornada de portas abertas o 10 de marzo.

Dada a alta demanda de familias que están preguntando por servizos do centro, imos realizar unha nova xornada de portas abertas o martes 10 de marzo ás 19:00 horas no comedor do centro. Estades todos/as convidados/as a coñecer o noso proxecto educativo e instalacións.

Publicadas as vacantes para o curso 2020-2021

Con motivo do proceso de admisión que se vai iniciar o vindeiro 1 de marzo, está publicada toda a información do proceso e as vacantes dispoñibles no noso centro.

Lembrade que toda a informacioón estará dispoñible e actualizada na nosa web e tamén no taboleiro de anuncios do noso centro.

Poceso de ADMISIÓN: aberto o proceso de admisión de alumnado.

Prazo de solicitide de ADMISIÓN de alumnado: do 1 ao 20 de marzo.

Aberto o prazo do 11 ao 18 de maio

En horario de 10:00 a 13:00 horas
con cita previa no teléfono 881 866 483

Debido ás últimas medidas que se están tomando ante a pandemia de coronavirus, e despois da publicación da RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, o proceso de admisión retómase do 11 ao 18 de maio.

Información do Proceso:

- Zonas de Influencia do CEIP A Igrexa Calo: Mapa - Lugares

- Transporte / Paradas CEIP A Igrexa calo: Rutas

- Normativa proceso de admisión.

- Letras desempate de ser preciso.

 

Celebración Festival Entroido 2020 - CEIP A IGREXA CALO

Informamos a tódalas familias que o venres día 21 de febreiro ás 11:30 horas, están convidadas a ver o Festival de Entroido que se celebrará no pavillón polideportivo do colexio de Calo.

Por motivos de seguridade alleos ao centro, non imos realizar o desfile ata o pavillón.

Esperamos contar coa vosa presenza para gozar dunha xornada lúdica entre todos e todas e compartir o traballo que o alumnado ven preparando estas semanas.

Lembramos tamén que unha vez rematado o Festival, podedes recoller ao voso neno ou nena, non sin antes asinar as follas de recollida anticipara que teremos á vosa disposición.
O alumnado de Primaria poderase recoller no propio pavillón, e o de Infantil deben ir ao aulario de Infantil a recollelos/as.

E os usuarios de comedor, non esquezades avisar nos días previos si non ides facer uso deste servizo o día 21.

As clases reanúdanse o día 27 de febreiro.

Que pasedes un estupendo Entroido 2020.

 

 

Calendario do procedemento admisión alumnado 2020/2021

Informamos medIante un pequeno cadro resumo, dos diferentes prazos que hai no proceso de admisión e matrícula do alumnado.

Despois de retomarse o proceso de admisión como consecuencia da RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020

Os novos prazos do proceso quedan como segue:

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2020 - 2021 (Modificado)

 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020. 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

CURSO 2020 -2021 (Modificado pola Resolución do 5 de maio)

ENTROIDO

As nenas e nenos de educación infantil

xa estamos a traballar a fondo para a festa do Entroido.

Concienciados co medio ambiente e especialmente co coidado dos animais,

o noso baile vai collendo forma, pouquiño  a pouco.

"A mi, los animales me importan

y la naturaleza también.

¿ Y tú que haces por ellos?"

O CEIP A Igrexa CALO foi seleccionado para participar no programa ARCO.

O noso centro foi seleccionado para participar no programa ARCO (Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación) para o presente curso 2019-2020.

Os obxectivos deste programa, que se recollen na súa convocatria e van dirixidos a alumnado de 5º e 6º de Primaria, son os seguintes:

a) Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico. 

b) Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperá do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias. 

c) Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos. 

d) Diminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo. 

e) Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado. 

Tendes máis información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/29868

Distribuir contido


by Dr. Radut