Skip to Content

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

Acceso á solicitudehttps://sede.educacion.gob.es/portada.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

RADIOCALO

   
       

 COUSAS DE MÚSICA

ROSALÍA DE CASTRO

 CONTOS E HISTORIAS

 

CHARLAS SOBRE A IGUALDADE

BIBLIOTECA ESCOLAR

Solicitude uso da Biblioteca Escolar. De 15:00 h a 17:00 h excepto martes.

 Para conciliación familiar de 15:00h a 18:00 h pode solicitar os servizos de Teocoida do Concello de Teo.

PINCHA AQUÍ

 

BECAS MECD

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2022/23

 

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño 2022. Non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2022/23.

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Prazo de devolución: do xoves 16, ata martes 21 de xuño.

Devolveranse baixo a supervisión da titoría, que comprobará se cumpren as condicións de devolución.

  • Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

  • O ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

 

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Poderán solicitar as axudas os alumno-as que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais. Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumno-as con Trastorno do Espectro Autista e os alumno-as con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades. Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

 

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet.

 

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón:

 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becasayudas/

para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#dg1

 

 Despois de cuberta a solicitude on-line, teñen que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos. Posteriormente terán que entregar no Departamento de Orientación do colexio os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de ser o caso).

 

Prazo de presentación dende 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

  

 

 

CURSO 2024-2025 

O martes, 5 de marzo, faremos unha xornada de portas abertas para as famlias do alumnado de nova incorporación. Será ás 17.00 h

PRAZO DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO.

O alumnado que vai a ir a un IES diferente ao adscrito (IES de Cacheiras) deberá realizar a solicitude de admisión en marzo na secretaría do IES correspondente.

  • Solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación   https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado no menú.

 

O alumnado dos centros adscritos NON ten que facer o proceso de admisión se hai prazas suficientes. Só terá que facer a matricula do 20 ao 30 de xuño.

1.- Documentación a presentar

2.- Solicitude-admisión (Anexo II-Anexo II-bis)

3.- Vacantes ofertadas.

4.- Mapa zona de influencia

5.- Calendario do proceso.

6.- Punto extra

O luns 15 de xaneiro abrese o prazo de reserva de praza  para o alumnado de 6º de EP que desexe continuar os seus estudios no  IES de Cacheiras que é o  instituto ao que estamos adscritos.

O prazo de solicitude de reserva é: desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024.

As solicitudes pódense entregar nas oficinas administrativas do CEIP A Igrexa-Calo ou a través da aplicación online

Tamén en calquer outro rexistro oficial como indica a Lei de procedemento administrativo.

Aquel alumnado que pretendar continuar estudos nun centro diferente do IES de Cacheiras, deberá agardar ao mes de marzo e presentar a solicitude de praza en dito centro educativo.

Enlace aplicación online -> Sede Electrónica Reserva Praza

Impreso de solicitude -> Solicitude ED550A

                                

Distribuir contido


by Dr. Radut