Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

  

 

 

CURSO 2024-2025 

O martes, 5 de marzo, faremos unha xornada de portas abertas para as famlias do alumnado de nova incorporación. Será ás 17.00 h

PRAZO DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO.

O alumnado que vai a ir a un IES diferente ao adscrito (IES de Cacheiras) deberá realizar a solicitude de admisión en marzo na secretaría do IES correspondente.

  • Solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación   https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado no menú.

 

O alumnado dos centros adscritos NON ten que facer o proceso de admisión se hai prazas suficientes. Só terá que facer a matricula do 20 ao 30 de xuño.

1.- Documentación a presentar

2.- Solicitude-admisión (Anexo II-Anexo II-bis)

3.- Vacantes ofertadas.

4.- Mapa zona de influencia

5.- Calendario do proceso.

6.- Punto extra

O luns 15 de xaneiro abrese o prazo de reserva de praza  para o alumnado de 6º de EP que desexe continuar os seus estudios no  IES de Cacheiras que é o  instituto ao que estamos adscritos.

O prazo de solicitude de reserva é: desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024.

As solicitudes pódense entregar nas oficinas administrativas do CEIP A Igrexa-Calo ou a través da aplicación online

Tamén en calquer outro rexistro oficial como indica a Lei de procedemento administrativo.

Aquel alumnado que pretendar continuar estudos nun centro diferente do IES de Cacheiras, deberá agardar ao mes de marzo e presentar a solicitude de praza en dito centro educativo.

Enlace aplicación online -> Sede Electrónica Reserva Praza

Impreso de solicitude -> Solicitude ED550A

                                

Exposición de Entroido no Ceip A Igrexa-Calo.

No Ceip A Igrexa-Calo estamos vivindo o Entroido con unha estupenda exposición na entrada.

E tamén no edificio de Infantil

Ver máis imaxes.

PAGO DO COMEDOR POR ESPAZO ABALAR

 

GUÍA PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR 

Para evitar o envío de documentación en papel e desprazamentos innecesarios ao centro, informamos que pode recibir o impreso de pago de comedor e realizar o seu pago a través de espazoAbalar.

Solicita no centro a alta para o pago telemático ou por correo electrónico  ceip.igrexa.calo@edu.xunta.gal

Pode acceder con certificado dixital no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.es/abalar/

Unha vez dentro atopará os impresos e unha ligazón para facer o pago en:

Servizos complementarios > comedor

IMPORTANTE: Se paga a través do propio portal, non é preciso que mande xustificante de pago ao centro. Se imprime o impreso e realiza o pago nunha entidade, é necesario que nos envíe o xustificante de pago.

 

INFORMACIÓN A TER EN CONTA:

  • O pago do comedor ou a descarga do impreso faise dende o espazoAbalar no enderezo indicado anteriormente. En ningún momento se debe facer dende a app Abalar (abalarMóbil) dende o móbil, pois non da esa opción.
  • Pode acceder con certificado ou con Chave 365. Os datos de acceso que pide son os da Chave 365. Non debe usar en ningún momento o contrasinal de abalarMóbil.
  • Se paga dende espazoAbalar mediante CIXTEC, xa se nos notifica ao centro o pago, polo que non ten que facer nada máis. En calquer outro tipo de pago debe mandar xustificante ao centro, preferiblemente por email.
  • Se o pagador que lle aparece en CIXTEC non é o correcto, contacte co centro.

 

 

O NOSO CENTRO

 DATOS DO CENTRO

O noso centro conta neste curso 2023-2024 con 355 alumnos repartidos en 19 unidades:

  • 5 unidades de infantil (liña 2 excepto 4ºA)
  • 14 unidades de primaria (Liña 2 excepto 3º EP e 5º EP liña 3 )

O horario do centro é xornada continua de 9:15 a 14:15 e conta con servizo de comedor con xestión directa e servizo de transporte escolar con 5 liñas xestionadas por MONBUS.

DESCARGA O TRÍPTICO INFORMATIVO 

 

 

 VIDEO

 

Álbum: CEIP A IGREXA-CALO -> O NOSO CENTRO

ENTROIDO 2023

DÍA DA PAZ

25 DE NOVEMBRO

Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

25 N

abalarMóbil

 

 AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Esta aplicación  se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

As familias deben ter actualizados o seu correo electrónico e número de teléfono informando na secretaría do centro para un correcto funcionamento.

Para que un responsable teña acceso a abalarMóbil, deberá estar rexistrado, por parte do centro educativo correspondente, como responsable do alumno, co número de teléfono correspondente, en Xade.

 

Se  se rexistran a ambos proxenitores,cada un co teléfono que corresponde (non poderán ter o mesmo número de teléfono), ambos terán acceso a aplicación abalarMóbil co seu respectivo número de teléfono.

 
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
  • Mensaxería do centro ou titor
  • Modificar o idioma da aplicación
 
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
 
 
 
Tendes información completa na seguinte ligazón:
Distribuir contido


by Dr. Radut