Skip to Content

Preguntas e respostas.

Queremos abrir esta sección para ir dando resposta a moitas das cuestións que nos anticipades e para ir adiantando información que xa pode ser do voso interese.

Tende en conta que segundo as circunstancias, esta información pode variar, e iremos actualizando con novas dúbidas ou cambios que poidan xurdir.

#sentidiño

O meu neno ou nena terá que levar máscara ao colexio?
SI. A partires dos 6 anos é obrigatorio. Aínda así, recomendamos que o alumnado menor de 6 anos que esté habituado ao uso de máscara a leve tamén.

Cantas máscaras hai que levar?
Dúas. A que leva posta e unha de reposto. Ámbalas máscaras deben ter unha bolsa ou estoxo co nome do neno ou nena para gardalas.

Podo acceder co neno ou nena ao centro?
Debes seguir en todo momento as indicacións dos mestres e mestras e entregar o neno ou nena na porta de acceso. En Infantil non se poderá acceder ao edificio.

Por onde imos entrar ao centro?
Estamos en obras e oas accesos poden variar. INFORMAREMOS EN TODO MOMENTO NA WEB e en AbalarMóbil se o novo acceso non está rematado e poñeremos un plano de como serán os accesos.

Todo o alumnado entrará polo mesmo sitio e á mesma hora?
NON. Haberá diferentes accesos e horarios. É importante a máxima puntualidade. Poñeremos na web os accesos e horarios antes de empezar as clases.

Qué material teño que levar para o inicio de curso?
Os titores e titoras indicaranvos nas reunións de inicio de curso ou mediante un aviso, o material que precisedes.

Haberá servizo de comedor?
SI. Faremos dúas tandas para poder manter os grupos de referencia e unha maior distancia entre os comensais.

Se o meu neno ou nena vai ao comedor e non usa transporte ¿A que hora o/a recollo?
Vanse establecer quendas de recollida que debedes asinar nos primeiros días. Aquí tendes a información.

E se vai ao comedor e usa transporte?
Os horarios serán os mesmos.

Ides tomar a temperatura ao alumnado no colexio?
NON. A non ser que exista unha sospeita de síntomas compatibles con COVID-19 non tomamos a temperatura.

Que pasa se o meu neno ou nena ten síntomas compatibles co COVID-19 no colexio?
Aillaremos ao neno ou nena segundo o protocolo e avisaremos a casa. Posteriormente tendes que chamar ao voso centro de saúde e informar ao colexio unha vez vos atenda o médico ou pediatra.

Teño que tomar eu a temperatura na casa?
SI. Debes facer a enquisa de autoavaliación cada día na casa, e se ten algún síntoma non envialo ao colexio.

Se ten síntomas da enquisa de autoavaliación. ¿Que fago?
NON mandar ao neno/a ao colexio. Chamar ao teu centro de saúde, e informar ao centro educativo.

Como me informades de calquer cambio que se produza no protocolo COVID?
A información estará en todo momento actualizada na web. Tamén informaremos por AbalarMóbil, e de ser preciso contactaremos persoalmente cos/cas interesados/as.

Para que trámites podo ir ao centro?
Para aqueles que só se poidan facer presencialmente. Para calquer outra xestión hai que facelo por teléfono ou email. En calquer caso, debe chamarse sempre por teléfono antes de acudir ao centro.

Poderei ter titorías?
Si, pero serán non presenciais, e só en casos excepcionais serán presenciais e con cita previa.

Traballaremos a través da Aula Virtual?
O centro xa ten habilitada a Aula Virtual que empezará a funcionar dende o primeiro día de clase. As clases son totalmente presenciais pero cada mestre/a poderá optar por mandar tarefas a través da súa Aula Virtual. En caso de que se suspendan as clases presenciais, xa teríamos a Aula Virtual para empezar a traballar.

Actualizado 19 setembro:

Haberá reunións iniciais dos/as titores/as?
Si, estanse organizando para o mes de outubro. Cada titor/a organizará as reunións segundo os seus criterios, e poderán ser presenciais ou telemáticas. Seredes informados/as no seu momento.

Teño que xustificar as faltas cando quedo na casa por illamento ou cuarentena COVID?
Non. Esas faltas danse por xustificadas unah vez se comuniquen ao titor/a ou ao centro.

Se me fan un PCR e da negativo. ¿Podo acudir ao centro?
Non. Debes esperar a que un médico che diga que podes acudir ao centro.

Como podo solicitar unha titoría?
Chamando por teléfono, ou ben por AbalarMobil se o/a titor/a ten habilitada esa función.

Actualizado 24 setembro:

Vai empezar en outubro o servizo de biblioteca que ofertades polas tardes?
NON. A data de hoxe, depois de organizar horarios e gardas do profesorado, non é posible ofertar esta actividade extraescolar. Tamén vemos impedimentos no referente ao cumprimento do protocolo COVID, e a biblioteca vaise usar para organizar cuarentena de libros e bibliotecas de aula durante todo o curso. Calquer novidade ao respecto será comunicada na web.

Actualizado 28 setembro:

Pódense enviar notas ou papeis dende o centro?
No protocolo da Xunta non se fai mención ao uso e envío de folios. No noso caso, tratamos de reducir o seu uso. Polo tanto recomendamos sempre trámites e notificacións por email ou outros medios, pero iso non quita que en certos momentos, por necesidade se envíe unha nota.

Podo enviar doces para a celebración de cumpreanos na aula?
Temos recollido o seguinte no noso protocolo: Para celebrar os aniversarios de xeito seguro, as familias enviarán ao centro algún tipo de doce que se poida repartir de xeito individual e que veña embasado, por exemplo galletas. Polo tanto, debemos pedir as familias, que se mandan comida, sexa deste xeito.

Actualizado 16 novembro:

Teño que avisar ao centro se o meu fillo ou filla ten síntomas compatibles coa COVID?
Si, pero só despois de chamar ao seu centro de saúde ou pediatra.

Se o meu fillo ou filla da positivo nunha PCR, teño que chamar ao centro?
Si, hai que notificar calquer positivo ou contacto directo con un positivo. Chame ao centro para notificalo.

Se o meu fillo queda na casa en aillamento, ten que facer tarefas do colexio?
Si. Unha vez nos notifique o aillamento, o titor/a e especialistas, poñeranse en contacto con vostede para indicarlle as tarefas que debe facer durante o período de aillamento.

Podo saber en que clase ou que nenos/as deron positico nunha PCR?
Non. Son datos médicos protexidos e dende o centro só podemos notificar o número de casos. Se o seu fillo ou filla foi un contacto estreiro, notificarémolo dende o cenrto a Sanidade, e poñeranse en contacto con vostede.



story | by Dr. Radut