Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Axudas para adquirir libros de texto e material escolar - Curso 2020/21

Acaba de ser publicada a Orde do ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Normas para a presenza no centro escolar - COVID-19

Convocatoria Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

EXTRACTO da Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto.

Prazos: 20/05/2020 - 19/06/2020

Destinatarios::
Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: para ser beneficiario do fondo solidario de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2019/20, así como os libros emprestados no curso 2017-2018. A solicitude será única para todos os fillos e fillas matriculados no mesmo centro para o curso 2020/21.

Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria: solicitar axudas para adquisición de libros.
   

Alumnado con renda percápita igual ou inferior a 6000 euros: solicitar a axuda para adquisición de material escolar.

Presentación da solicitudes:

  • Formularios para solicitude no centro. Mediante os Anexos I e II.


Documentación a presentar:

  • ANEXO I da solicitude.
  • ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
    • Certificado ou volante de convivencia.
    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
AdxuntoTamaño
20200519_axudas_libros.pdf1.2 MB
20200519_axudas_libros_extracto.pdf432.21 KB
anexosI_II_Fondo_libros.pdf541.64 KB


story | by Dr. Radut