Skip to Content

Retómase o proceso de admisión do 11 ao 18 de maio e establécense novos prazos.

Hoxe foi publicada no DOG a Resolución do 5 de maio do 2020, polo que se dictan instruccións no referente ao proceso de admisión:

Retómase o proceso de admisión do 11 a 18 de maio.

NORMAS PARA A PRESENCIA NO CENTRO ESCOLAR

 

Horario: de 9:00 a 13:00

 

- É recomendable o uso de máscaras.

- Na entrada do centro contamos con xeles hidroalcólicos que deben utilizarse para lavar as mans antes de ser atendidos.

- Non poden vir nenos/as acompañando aos adultos.

- Deberán esperar na porta do colexio para ser atendidos. No caso de coincidir con outros pais ou nais na entrada, deberán gardar as distancias de seguridade ( 2 metros ).

- A entrada será pola porta principal do centro (a entrada que utiliza o profesorado).

O proceso tamén pode facerse de xeito telemático (con chave 365 ou certificado dixital). Máis información neste enderezo: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Establécense novos prazos para o procedemento. Quedando como segue:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020

Xa actualizamos os nosos documentos informativos con esta información:

Información do PROCESO DE ADMISIÓN e FORMULARIOS. 

VER CADRO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

 



story | by Dr. Radut