Skip to Content

Uso da Aula Virtual no Terceiro Trimestre

Actualizado 27 de abril: recomendacións para sair co alumnado á rúa.

INICIO TERCEIRO TRIMESTRE:

Estimadas familias, ante todo, esperamos que estas vacacions as disfrutásedes o mellor posible. Queremos mandarvos novamente unhas palabras de ánimo para que todas e todos xuntos poidamos superar esta situación.

O martes 14 de abril empeza o terceiro trimestre, e tal como fixemos no trimestre anterior, imos a seguir a traballar contidos de xeito non presencial.

Para este trimestre que entra, habilitamos a Aula virtual do colexio. Tende en conta que non tódolos mestres e mestras usan a Aula Virtual, pois optaron por outras alternativas e recursos dos que xa estaredes informados de ser o caso.

Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, empezarase a introducir contidos en ela.

O acceso a Aula Virtual podedes facelo aquí: AULA VIRTUAL CEIP A IGREXA CALO.

Estaremos coma sempre, á vosa total disposición e actualizaremos en todo momento calquera novidade ou noticia que se vaia producindo.

Pedímosvos tamén paciencia nesta nova etapa que se nos presenta. Estamos facendo o máximo esforzo para que o noso alumnado esté atendido o mellor posible.

Un saúdo.

 

 



story | by Dr. Radut