Skip to Content

Sobre a utilización dos libros dixitais e a realización das tarefas en xeral.

Bo día, queremos informarvos de certos aspectos sobre a realización das tarefas nestes días.

O alumnado do primeiro ciclo que faga os exercicios cos libros dixitais, que fagan os exercicios copiando nunha libreta, nun folio,.... Non o exercicio enteiro, por suposto, senón as frases, palabras ou números que sexan a solución. Non pedimos unha presentación exquisita, temos que adaptarnos ás circunstancias.

Intentamos facer o posible por manter un mínimo de traballo para o alumnado. Os mestres e mestras somos conscientes das dificultades que se poden atopar, e estamos ante situacións que xurdiron moi rápido e non podíamos prever, como por exemplo non dispoñer dos libros ou das libretas.

Polo tanto hai que ser flexibles e procurar traballar co que temos. O impartante é adaptarse segundo as circunstancias particulares de cada alumno/a e facer as tarefas diarias seguindo un mínimo as propostas de cada titor/a.

 



story | by Dr. Radut