Medidas a adoptar en relación coa pandemia covid- 19 os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
- Actualización 3 de abril:
- Actualización 2 de abril:
- Enviouse unha notificación ABALAR cunha conta de email para a titoría de 2º A para abrir unha canle de comunicación mais directa entre a titora e as familias.
- AVISO sobre as Vacacións de Semana Santa.
- Actualización 1 de abril:
- Actualización 31 de marzo:
- Novas tarefas para 5º A e actividades de 5º e 6º de Ed. Física para Semana Santa.
- Información relativa á avaliación do segundo trimestre.
- Enviouse por sms unha conta de email para a titoría de 1º B para abrir unha canle de comunicación mais directa entre o titor e as familias.
- Actualización 30 de marzo:
- Enviouse por sms unha conta de email para a titoría de 1º A para abrir unha canle de comunicación mais directa entre o titor e as familias.
- Axudas comedor escolar xestión directa. Coronavirus: COVID-19.
- Actualización de tarefas para alumnado de 6º de Primaria.
- Actualizado 28 de marzo: actividades de Ed. Física para 1º,2º,3º e 4º.
- Actualizado 27 de marzo: novas actividades para Relixión e 5º B Primaria.
- Actualizado 26 de marzo: novas tarefas de Inglés para o alumnado de 5º e 6º. Están solicitadas as licenzas dos libros dixitais de Oxford.
- Actualizado mércores 25 de marzo: novas tarefas para Ed. Física de 1º,2º,3º, e 4º.
- Actualizado luns 24 de marzo: novas tarefas engadidas incluídas para alumnado de Ed. Infantil.
- Actualización 19 marzo. INFO: Aclaración sobre as tarefas de 3º de Primaria.
- Actualizado mércores 18 de marzo: Sobre a utilización dos libros dixitais e a realización das tarefas en xeral.
- Actualizado luns 16 de marzo: Recollida de libros e outro material no centro.
- Actualizado luns 16 de marzo: Medidas de contención no ámbito educativo.
- Actualizado venres 13 marzo: Suspéndense as titorías.
- Actualizado venres 13 marzo: Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
Publicado xoves 12 marzo:
Medidas adoptadas pola Consellería de Educación para todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
- Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
- Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
- Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
LIGAZÓNS DE INTERESE:
Resolución de 25 de marzo de 2020, do Congreso dos Diputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.
https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/28/pdfs/BOE-A-2020-4153.pdf
Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.
https://www.boe.es/eli/es/rd/2020/03/14/463
Novas instruccións en relación con COVID-19. Venres 13/3/2020
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550
Comunicado Consellería de Educación. Xoves 12/3/2020
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020: http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
Recomendacións da Dirección Xeral de Saúde Pública da Conseñllería de Sanidade:
https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/novas/informacion-coronavirus