Antroido2015
Con gran éxito de público celebrouse o venres 13 de febreiro o Antroido no noso colexio.O cine e os seus xéneros foron a temática deste ano.
Tivemos musicais, como Grease dos pequenos de E. Infantil;
ou Cabaret, recreado polos alumnos de 5º de Primaria.
O cine de animación mandounos aos simpáticos Minions de primeiro...
O western estivo representado polos vaqueiros , sherifs e foraxidos, de 2º
As aventuras de "O gato con botas" trouxéronas os nenos e nenas de 3º
Sissi emperatriz e os seus cabaleiros de 4º de Primaria, achegáronos ao cine romántico
Unha invasión de superheroes e superheroínas de 6º de Primaria, sumerxiunos no cine fantástico
Tedes aquí todas as fotos do festival e un vídeo das actuacións
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir