Infantil 3 B

Propostas actividades 4º infantil "corentena"

Boas familias!

Estas actividades intentaremos que sexan divertidas e lúdicas coas que aprender igualmente pero a outro ritmo.Todas elas son suxestións e orientativas, vós podedes adaptalas e cambialas ou suprimilas segundo os distintos contextos nos que vos atopedes


O primordial nestes momentos é axudar ao neno/a a gañar confianza en si mesmo nun ambiente tranquilo e relaxado na medida das nosas posibilidades,
sobre todo ofrecer recursos que lle axuden a crecer como persoa e afianzar lazos familiares tan necesarios nestes momentos.
Moito ánimo nestes momentos de incerteza e esperamos que pronto podamos voltar a normlidade.

 

Esperamos que o esteades levando o mellor posible e que vós e as vosas familias esteades ben!

Nesta entrada vos deixamos propostas para realizar na semana de corentena. Todas elas son suxestións e orientativas, vós podedes adaptalas e cambialas ou suprimilas segundo os distintos contextos nos que vos atopedes. Esperamos que vos gusten.

 

Propoñemos unha serie delas para que elixades as que máis se adapten as vosas circunstancias persoais.

 

 

Gracias pola vosa colaboración e por estar tan implicados  na aprendizaxe dos vosos fill@s nestes días tan difíciles!

Unha aperta ,Andrea e Ángeles.

PROPOSTAS EDUCATIVAS PARA O CONFINAMENTO

Estimadas familias:

Aquí tedes máis propostas educativas para seguir aprendendo dun xeito lúdico, a través da experimentación, investigación, exploración de materiais e do xogo.

Unha forte aperta e moito ánimo!

A profe Olalla.

PRPOSTAS EDUCATIVAS PARA FACER NA CASA

Estimadas familias:

Déixovos unhas propostas educativas para facer na casa estes días de illamento, por se vos serven de axuda; lembrade que non son obrigatorias.

Sería importante que estes días sigades a manter unha rutina nos horarios e seguir reforzando a autonomía e hábitos de hixiene como o lavado de mans, o uso correcto da mascarilla, cómo temos que facer se queremos tusir, estornudar, sonarnos o nariz,etc.

Non dubidedes en poñervos en contacto conmigo mediante o correo electrónico da nosa aula, se tedes calquera dúbida ou inquedanza.

Moito ánimo e unha aperta, vémonos axiña!

Distribuir contido