1º B

VISITA AO ALCAMPO

VISITAMOS O ALCAMPO: O mércores 21 de outubro as clases de 1ºA e 1ºB fixemos unha visita ao Alcampo. Non nos deixaron facer fotos, así que non vos podo ensinar todo o que viron. Aínda que seguro que xa volo contaron todo eles, non si?

Aqui está a profe Yolanda xunto con Yaiza, Laura e Gabriel Salceda. Tamén aparece Aylén na parte dereita.

 Esta é a única foto que puiden tomar dentro do supermercado. Que caladiños ían!

 Tamén visitamos a zona de cocción do pan e onde se confecciona todo o relacionado coa repostería. Para entrarmos alí tivemos que poñernos unha roupa especial para evitar que os xermes entrasen en contacto co xénero que estaban facendo. Que guapos estamos todos!

Nas seguintes fotos vemos a .... a ver se o adiviñades!

 

 

 E de volta para o cole os rapaces e rapazas estaban un pouco cansos. Levaron varios agasallos (información sobre un corpo sano, uns sellos de cores e unha carteira) e moitas vivenzas na memoria.

...

...

Máis cousas de Clase

PLÁSTICA: "AULA BILINGÜE" Como xa comentei nunha circular, este ano temos unha sección bilingüe en 1ºB. A materia de plástica desenrólase en lingua inglesa. Así, coñecemos en inglés os materiais que empregamos, as rutinas de clase, os nomes dos nenos (esto failles moita gracia), etc. Xa fixemos moitas cousas, como un puzle do esquema corporal, unha peonza, unha serpe que cobra vida ou unha roda do tempo. Nestes momentos estamos traballando nas decoracións do Samaín (arañas, bruxas, cabazas, etc). A semana pasada fixemos varias arañas e as instruccións foron sempre en inglés.

Aqui, nesta foto, tendes a Lena e a Pablo Llamazares coa súa roda do tempo (que tamén ten os días da semana e os meses do ano).

 

QUE TEATREIROS! Aos nenos e nenas gústalle moito o teatro. Aproveitamos o libro da Ensalada de Letras para representar as lecturas. Deste xeito os alumnos  e alumnas aprenden a entonar e seguir o ritmo da lectura . Nesta foto vedes a Laura, Anxo e María.

 

QUE LLE DOE A MANOLIÑO? Manoliño está triste porque co tempo tolo que fai dóenlle as articulacións. Na clase de Coñecemento do Medio falamos sobre o esquema corporal, e aprendimos que son as articulacións. Explicámolo gracias a Manoliño, que nos ía dicindo que articulacións lle doían. Na foto vedes a Laura e a Hugo facendo de eficientes azafata e azafato.

...

Distribuir contido