Revista Escolar "Vilameán"

Revista Escolar

 

Prezados/as amigos/as,

Un curso máis voltamos coas revistas da Coordinadora. Por unha banda, presentámosvos un novo número de Ollos de aula, a revista para as familias do alumnado. As actividades extraescolares, as siglas AL e PT no labirinto terminolóxico case infinito da educación, a aposta pola visibilización da diversidade na escola e as propostas culturais máis actuais enchen esta modesta publicación que agarda polas vosas suxestións, consultas e colaboracións no enderezo ollosdeaula@gmail.com

Podedes descargala en:

 

 

 

 

 

 

Por outra banda, chega o nº 4 de A letra miúda, a revista de sociolingüística para o ensino, que abre o trimestre outubro-decembro con tres traballos inéditos de Bernardo PenabadeXosé Luís Janeiro Espiñeira e Andrés Alonso Álvarez e Txerra Rodríguez, así como unha proposta de lectura en clave sociolingüística da novela “En vías de extinción”, de María Reimóndez.

 

 

 

 

 

Por suposto, na CGENDL contamos convosco para o tempo das medras e animámosvos a colaborar con traballos e propostas, a distribuíla no voso centro e entre as ANPAS, a reutilizar artigos do arquivo de ambas publicacións para incluír nos vosos sitios web e nas revistas e xornais escolares... porque regresamos para dicir en voz alta que seguimos orgullosas e orgullosos do noso, orgullosas e orgullosos da nosa profesión e do galego.

 

Saúdos normalizadores 

 CGENDL

 

Distribuir contido