Complementarias

Celebracións do DÍA DA PAZ

Entre outras actividades,o alumnado de Infantil asistiu ao visionado da película "Caillou" na Biblioteca Escolar .Os nenos e nenas de Primeiro Ciclo desprazáronse ao Pavillón de Panxón ´para participar en varias ectividades conxuntas con outros colexios do noso entorno e alumnado de Segundo e Terceiro Ciclo asistiu, tamén na Biblioteca, ao visualizado e comentario dalgúns vídeos interesantes que agora poñemos eiquí para que podades voltar a velos en familia ou cos amigos.

Playing for Change

Músicos de todo o mundo, e de todas as clases sociais, de todas as razas e nacións cantando unha mesma canción que todo o mundo alguna vez escoitou: Stand by me. A música como instrumento de paz… unha bonita utopía pola que loita unha fundación chamada "Playing for Change" e que fai vídeos tan interesantes coma este.

 

Distribuir contido