3º e 2º CURSO. INICIACIÓN AO SURF

Con monitores e monitoras da "Prado Surf Escola" de Patos tivemos dúas xornadas de Iniciación ao SURF para o alumnado de 2º e 3º curso do "Cole". A primeira xornada consistiu nunha charla explicativa e presentación do material no ximnasio do Centro. Tamén fixeron unhas actividades relacionadas co surf realmente vistosas e entretidas para os nenos e nenas

Na segunda sesión trasladamos aos 99 nenos e nenas de 2º e 3º á praia de PATOS  para realizar practicas de SURF no mar. En total fixeron a práctica de surf 76 alumnos e alumnas mentres o resto do alumnado que non se animou a facela fixo xogos  e disfrutou dunha mañá de praia cos compañeiros e compañeiras do Colexio.

A actividade agradou moito  polo que pensamos na posibilidade de voltar realizala en vindeiros cursos. Deixámosvos debaixo accesos ás fotos e os videos da actividade. 

 

 

___________________________________________________________________________________________________________

 

4º CURSO. XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DO VAL MIÑOR 2016

5º CURSO.  ATLETISMO ESCOLAR EN PISTA  2016 

Dentro da oferta deportiva do Programa da Xunta "Xogade" o noso Centro participou este ano (igual que o pasado) no Atletismo Escolar en Pista, coas especialidades de 60 metros, 500 metros, lanzamento de peso, salto de lonxitude, lanzamento de vortex  e  relevos  4x60.

 Unha vez rematadas as probas de Vigo no CUVI  e a final de Pontevedra (19 colexios finalistas de toda a Provincia) acadamos a TERCEIRA POSICIÓN  (o pasado curso segundos). Volta a ser un EXCELENTE RESULTADO  que hai que agradecerlle a TODO  o alumnado de QUINTO  CURSO  do "Humberto". Non somentes aos que participaron na Final de Pontevedra, senón  tamén a todo o alumnado que participou no CUVI e en Pontevedra animando aos seus compañeiros e compañeiras.  GRAZAS  A TODOS  E  TODAS  polo voso esforzo e voso comportamento nas probas... e nas gradas.