Cross Escolar do Val Miñor 2016

 

 

NORABOA A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE E  NORABOA, MOI  ESPECIALMENTE NESTE CURSO DA "DIVERSIDADE", A ÁFRICA E ANTÍA DE  CUARTO  CURSO  PORQUE SON  UN EXEMPLO PARA TODOS E TODAS.  GAÑAR NON SEMPRE TEN PORQUE  SER  O OBXECTIVO. ÁS  VECES  HAI COUSAS MOITO  MÁIS IMPORTANTES. 

 

DIVERSOS  XEITOS  DE  CELEBRAR  A  CHEGADA  DAS  VACACIÓNS  DE  NADAL

VISITAS  DO  "APALPADOR"  E  DE  PAPÁ  NOEL

Todo o alumnado  do  Centro visitou, na Biblioteca Escolar, aos nosos dous ilustres convidados. Charlaron con eles, fixéronlles preguntas e recibiron ao marchar un pequeno agasallo. Toda unha experiencia para os máis pequenos. 

VER  AS  FOTOS

_____________________________________________________________________________________

OBRA  DE  TEATRO:“ O galo que se esqueceu de cantar”, da compañía TEATRÉS 

VER  AS  FOTOS

_____________________________________________________________________________________

KEPA  JUNKERA:  UN  BROCHE  DE  OURO  PARA  NÓS

 

VER  AS  FOTOS

 

O pasado venres 18 de decembro o CEIP Humberto Juanes tivo a honra de recibir a un dos músicos máis importantes e recoñecidos do mundo: Kepa Junkera.

Todos os que formamos parte do centro sentímonos moi agradecidos de que fixera posible esta visita na mañá do venres entre todos os eventos que ten previstos en toda Galicia ao longo da semana. Supón para o alumnado e o claustro a posibilidade de coñecer a unha persoa cunha especial sensibilidade e virtuosismo musical, que se reflicten nas súas grabacións (Grammy no ano 2003 co seu disco “K” ) e colaboracións con músicos que afondan en diferentes estilos.

No ano 2013 adícalle un disco a Galiza: Unha das culturas máis intensas da Península Ibérica. Neste libro CD atópanse máis de 200 músicos colaboradores.

 

Nesta xornada Kepa Junkera aproximaranos a cultura e as músicas de Euskalerría a través da súa trikitixa, a alboka ou a txalaparta. Seguro que tamén terá tempo para sorprendernos con alguna muiñeira. 

  

 

 

Un pracer acollelo e un broche de ouro para este ano 2015, de intensa actividade no CEIP Humberto Juanes, no que tivemos a posibilidade de desfrutar, nun centro público, de xornadas e encontros con persoas de moita relevancia nas súas actividades, e que, sen dúbida, forman parte das vivencias e aprendizaxes do alumnado e dos Mestres.

_____________________________________________________________________________________

ANTICIPACIÓN  DO  "FIN  DE  ANO"

O  alumnado  de  1º  ata  5º  participou  nunha  "anticipación  das  uvas  de  fin  de  ano"

Abaixo  tedes  o  video