DIVERSIDADE

 CURSO  2015  / 16

BLOG  DE  RECURSOS  PARA  TRABALLAR  A  IGUALDADE  NOS  CENTROS  EDUCATIVOS

 

 



3 DE  DECEMBRO :  " DÍA  INTERNACIONAL  DA  DISCAPACIDADE "

Como  ben  saberedes  o  pasado  día  3  de  decembro  conmemorouse  o  " DÍA INTERNACIONAL  DAS  PERSOAS  CON  DISCAPACIDADE"  como un xeito  de "visibilizar"  a  todos  aqueles  e  aquelas  que  por  diversas  causas  se  atopan  con  dificultades  físicas  ou  psíquicas na súa  vida  cotiá, e  de  facernos  reflexionar  nos  seus  atrancos  diarios,  que  tamén son  ou  poideran  ser  os  nosos  ou  das  nosas  familias, para ser quen  de  eliminalos  ou facelos  "máis  levadeiros".

 Dende  o  Colexio  Público  "Humberto  Juanes", que  este  curso  e  o  vindeiro  adica  unha  especial  atención  ao  tema  da  "DIVERSIDADE"  atendendo a  diversos  ámbitos e,  especialmente,  nos centrodos na  "DISCAPACIDADE" de  calquera  tipo,  decidimos  dar  este  ano  maior  importancia  a  esta  data  de  varios  xeitos:

DECORANDO  O  COLEXIO  E  TRABALLANDO A  TEMÁTICA  CO  ALUMNADO  NAS  AULAS

ELABORANDO,  POR  NIVEIS,  LEMAS  ALUSIVOS  Á  "DIVERSIDADE"

PARTICIPANDO  XUNTO  CON  OUTROS  "COLES"  DA  ZONA  NUN  "PLENO  INFANTIL"  CELEBRADO  NO  CONCELLO  CO  TEMA  DE  FONDO  DA  "DISCAPACIDADE"

     

__________________________________________________________________________________

FACENDO  UN  " FLASH MOB "  CON TODO  O  ALUMNADO  E  PROFESORADO  DO  COLEXIO -

 

 ( E COA COLABOURA DO CENTRO  DE  EDUCACIÓN ESPECIAL "JUAN  MARÍA"  DE  NIGRÁN)

TRAENDO  PARA  A  OCASIÓN  A   XOGADORES  DE  BALONCESTO DO  AMFIV ...

O  AMFIV  NO  NOSO  "COLE"

 

 

... UN  AUTÉNTICO  LUXO PARA  NÓS  E  POLO  QUE  LLE  ESTAMOS  MOI  AGRADECIDOS  AOS  XOGADORES  DO CLUBE AMFIV  POLA  SÚA  PARTICIPACIÓN  DESINTERESADA  E  A  SIMPATÍA  QUE  TIVERON  COS  NENOS  E  NENAS,  E  Á  "PROFE"  CRISTINA  POR  ORGANIZAR  ESTA  ACTIVIDADE  NO  CENTRO).

VER  FOTOS  E  VIDEOS

 

 A  ACTIVIDADE TIÑA  COMO  FIN  PARTICIPAR   CON  ELES  NUN  "PARTIDIÑO"  DE  BALONCESTO  EN  CADEIRA  DE RODAS  E  LANZAMENTOS  A  CANASTA  E  VER  O  DEPORTE  TAMÉN  DENDE  OUTRA  PERSPECTIVA.   FOI  TODA  UNHA  EXPERIENCIA  PARA  OS  NENOS  E  NENAS  DE  CUARTO

  (NA  ACTIVIDADE  SOMENTES  PARTICIPOU  ALUMNADO  DE  CUARTO POR  CUESTIÓNS  ORGANIZATIVAS  E  DE  ESPAZO)

 

O alumnado de quinto de Primaria,  baixo o lema "Vivir a diversidade, garantir a igualdade" traballan de preto a etapa da vida mais afastada para eles, a ancianidade.

Este xoves, 19 de novembro de 2015, visitaron a residencia da 3ª idade situada fronte a praia da Madorra en Panxón no que se considera o I ENCONTRO XERACIONAL CEIP HUMBERTO JUANES E RESIDENCIA DA 3ª IDADE STELA MARIS. Entre as actividades realizadas, escenificaron un conto da editorial Kalandraka chamado "Avós", visitaron as instalacións e entrevistaron a algúns dos avós alí presentes. Tiveron un momento para valorar a era dixital fronte a era artesanal.  Os  sete elexidos entre os avós foron: Encarnación, Cristóbal Moreno, Soledad, Carmen, Julia, Ángela e Catalina foron os protagonistas. As súas profesións, moi diversas, atoparon unha modista, banqueiro, enfermeira (xubilada do hospital Xeral de Vigo), administrativa da empresa Pegaso, unha cacereña que vendía cereixas no seu burro e dúas traballadoras  do campo.

 

Contaron como collían o tranvía para ir á escola, os problemas coa guerra civil, as dificultades para comunicarse e situacións da vida diaria....
Ademais puideron compartir uns agasallos, por parte dos nenos unhas flores feitas con moito cariño e os avós os mellores consellos:
"Estudiade moito para ser bos na vida"
"Ser traballadores e humildes"
"Ter moito cariño cos avós que é unha sorte poder telos"
Os rapaces desfrutaron moito da experiencias, algunhas das súas declaracións: 
Andrea: " Ver a os avós emocionados gustoume moito"
Gisela: "Bailar con eles foi unha boa idea, encantoume!"
María: " Eran moi agradecidos"
Javi: " Cando estábamos facendo a obriña de teatro animábanme moito"
                   
A experencia foi moi gratificante!!
 
 
       VER  AS  FOTOS

 

UNHA VISITA MOI ESPECIAL: SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

 O pasado mércores 21 de outubro tivemos a sorte e o privilexio de ter no noso Centro e entrevistar na Radio Escolar a Susana Rodríguez Gacio, deportista escollida "Galega do ano" en febreiro. 

 

    FOTOGRAFÍAS

 

A CANCIÓN  ESCOLLIDA  COMO REPRESENTATIVA  DA  BIBLIOTECA  ESCOLAR  PARA  ESTE  CURSO  TEN  MOITO  QUE  VER  COA  DIVERSIDADE, EIXO  CENTRAL DA  DINÁMICA  DO  "COLE" 

 VER A VERSIÓN  ORIXINAL   CANTADA  POR  NENOS  E  REPRESENTADA  EN  LINGUA  DE  SIGNOS

 

 

CURSO  2014 / 15




Coordinado/as polo Departamento de Orientación do centro realizamos numerosas actividades que nos permiten coñecer mellor a realidade de moita xente diferente a nós, pero tamén igual a nós e moitas cousas, e, e polo tanto, compartir as nosas experiencias e identificarnos con eles ou elas na vida diaria . 


 

Aquí tedes unha pequena mostra.


Clase de pintura con Lourdes e visita alumn@s e mestras do CEE "Juan María·

 
  






































Concerto Igualarte






                                                        FLASH MOB NO  RECREO 29 DE MAIO

 

SLALOM  EN  SILLA  DE  RODAS

Tivemos a sorte de contar coa presenza do Campión de España de Slalom en silla Nacho Fernández.

 

 

PETANCA E DISCAPACIDADE

 

AS “BOCHAS”

( Petanca adaptada )

 

A “Boccia” é un deporte orixinario da Antigua Grecia e recuperado nos anos 1970 polos países nórdicos coa finalidade de adaptalo ás personas con discapacidade.

É un deporte similar á petanca e nel únicamente participan personas en sillas de rodas, con graves afectaciones por parálisis cerebral ou otras moitas discapacidades físicas severas.

É un xogo de precisión e de estratexia, coas súas propias regras recollidas nun “Regulamento Internacional”.

     

As únicas categorías son en función do grado de discapacidade que padezan os deportistas. Todos eles gravemente afectados e, polo tanto, sentados en cadeiras de rodas, lanzan as bolas coas súas sus mans ou dos seus pés, agás os da clase correspondente á discapacidade máis severa, que xogan coa axuda de unha canaleta ou rampa, sobre a que o seu auxiliar deposita a bóla unha vez escollida a dirección polo deportista. Existen probas individuais, por parellas e de equipos, sendo un deporte mixto no que os homes e as mulleres compiten entre sí.

Existen 7 divisións de xogo que son:

  • INDIVIDUAL BC1: Xogan coa man (ou o pé), adoitan tener problemas á hora de coller e lanzar a bóla, con dificultades na coordenación xeral e a forza de lanzamento. Ditos xogadores poden ser asistidos por un “Auxiliar” en tarefas como; axustar ou estabilizar a silla de rodas do/a xogador/a, darlle unha bóla e redondeala. Todas estas tarefas se farán sempre, previa petición do/a deportista.

  • INDIVIDUAL BC2: Xogan coa man, anque con menos dificultades motrices que los deportistas BC1. Os xogadores non poden ser asistidos por ningún auxiliar.

  • INDIVIDUAL BC3: Personas cunha forte disfunción locomotriz nas catro extremidades de orixe cerebral ou non-cerebral (dexenerativas, tetraplexias…), con dificultades para soster, agarrar ou lanzar a bóla. Necesitan un ou unha “auxiliar” que estará de costas ao xogo e que atenderá, única e exclusivamente, ás indicacións do xogador ou xogadora. Estos deportistas tamén utilizan material auxiliar para el lanzamento da bola do tipo dunha canaleta ou rampa.

  • INDIVIDUAL BC4: Xogadores con disfunción locomotriz severa das catro extremidades, combinada cun pobre control dinámico do tronco, de orixe no cerebral ou cerebral dexenerativo. O ou a xogador/a deberá demostrar destreza suficiente para manipular e lanzar a bóla ao terreno de xogo, anque mostrará dificultades á hora de soster e lanzar a bóla, combinada con pouca coordenación á hora de realizar dito movemento. Non poderán ser axudados por ningún auxiliar.

  • PARELLAS BC3: Os xogadores deben pertencer á división BC3. Cada xogador/a pode ser asistido/a por un ou unha auxiliar.

  • PARELLAS BC4: Os xogadores deben pertencer á división BC4.

  • EQUIPOS: Xogadores/as clasificados para xogar nas divisions BC1 e BC2. Cada equipo constará de tres deportistas na pista, dos que, alo menos un, deberá ser da división BC1.