1º "ENCONTRO XERACIONAL". Saída á residencia "Stella Maris"

O  ALUMNADO  DE  5º  DE  PRIMARIA, baixo o lema "VIVIR  NA  DIVERSIDADE, GARANTIR  A  IGUALDADE"  traballa de preto a etapa da vida mais afastada para eles, a ancianidade.

Este xoves, 19 de novembro de 2015, visitaron a residencia da 3ª idade situada fronte a praia da Madorra en Panxón no que se considera o I ENCONTRO XERACIONAL CEIP HUMBERTO JUANES E RESIDENCIA "STELA MARIS". Entre as actividades realizadas, escenificaron un conto da editorial Kalandraka chamado "Avós", visitaron as instalacións e entrevistaron a algúns dos avós alí presentes. Tiveron un momento para valorar a era dixital fronte a era artesanal.  Os  sete elexidos entre os avós foron: Encarnación, Cristóbal Moreno, Soledad, Carmen, Julia, Ángela e Catalina foron os protagonistas. As súas profesións, moi diversas, atoparon unha modista, banqueiro, enfermeira (xubilada do hospital Xeral de Vigo), administrativa da empresa Pegaso, unha cacereña que vendía cereixas no seu burro e dúas traballadoras  do campo.
Contaron como collían o tranvía para ir á escola, os problemas coa guerra civil, as dificultades para comunicarse e situacións da vida diaria....
Ademais puideron compartir uns agasallos, por parte dos nenos unhas flores feitas con moito cariño e os avós os mellores consellos:
"Estudiade moito para ser bos na vida"
"Ser traballadores e humildes"
"Ter moito cariño cos avós que é unha sorte poder telos"
Os rapaces desfrutaron moito da experiencias, algunhas das súas declaracións: 
Andrea: " Ver a os avós emocionados gustoume moito"
Gisela: "Bailar con eles foi unha boa idea, encantoume!"
María: " Eran moi agradecidos"
Javi: " Cando estábamos facendo a obriña de teatro animábanme moito"
                   
UNHA  EXPERIENCIA  MOI  GRATIFICANTE !!
         VER  AS  FOTOS
 
 
 
 
CANTO MAXIN…HAI  NO SAMAÍN
 

Ademais de facernos tremer de medo coas cabazas, as maquetas de lugares terroríficos, as bonecas de millo e outras horrendas manualidades, os nosos alumnos e alumnas escribiron e debuxaron “COUSAS de MEDO”.

 Despois de telas valorado, requetevalorado e volta a valorar, o xurado do Samaín acordou dar algúns premios ás que estimaron un chisco mellores.

Os premios foron pequenos agasallos literarios e artísticos que as/os gañadores poideron compartir coas súas aulas.

Os que máis nos gustaron foron :

 

CURSO

 

Bo traballo

O mellor traballo

ED. INFANTIL

Todas as aulas fixeron debuxos arrepiantes

 

Un bo debuxo

Carla Fernández

 

O mellor debuxo

Lucía Riveiro

Unha boa rima

Patricia Justo

 

A mellor rima

Carmen Seijas

Unha boa rima

Borja Soto

 

Unha boa rima

Aroa Lago

A mellor rima

María, Xoán,

Antía e Carlos

 

Unha boa historia

Mauro Reboreda

A familia dos morcegos”

 

A mellor historia

Sara García

"O fogar zampón"

Unha boa historia

Sheyla Misa

"A casa do bosque"

 

A mellor historia

Noa Fontela

O porto de Panxón”

Unha boa historia

Pedro Pascual

"A coruxa"

A mellor historia

Antía Valverde

"O enterrador"

 

A mellor receita

Uxía Iglesias

"Mexunxe de rata con píntega confitada"

 

                       VER  FOTOGRAFÍAS  DA  ENTREGA  DE  AGASALLOS  NO  PATIO